Skip to Content

Contos de estrelas

O SOÑO DOS DEUSES

Antigamente, antes do principio do mundo, só existía Bague, a Nai Avoa. Daquela Bague soltou un berro e apareceron os deuses, a luz, as plantas, os animais e nós, os músicas. Logo os deuses colocaron unha ola e enchérona de moitas sementes e pedras,e tamén fixeron longas viaxes no gran baleiro para sementar os planetas e osluceiros. E despois tomaron todas as migallas que quedaran na ola e lanzáronas o máis lonxe que puideron as súas forzas. E esa é a orixe da Vía Láctea e das estrelas pequeniñas que apenas se poden ver. O mundo era fermoso, pero todo estaba quieto e nada se movía. Daquela, os deuses foron visitar a Bague, a Nai Avoa, e contáronlle o que viran, faláronlle das estrelas, dos ríos, dos animais de pelo, de pluma, de coiro e de escamas. Dixéronlle que tiñan pesar porque nada se movía, nada soaba, e nada medraba. Entón, a Avoa Bague preparou unha bebida máxica para os deuses, que a tomaron ata quedar durmidos. Foi daquela cando comezaron a ter visións. Un vía o tigre saltando sobre o veado. Outro vía como as árbores xigantescas abalaban as  súa pólas cheas de aves trilando. Outro oía o rumor dos ríos e das fervenzas. Outro  soñaba vendo saír o Sol, mentres outro contemplaba a Lúa e vían algunhas estrelas que caían. Os deuses vía todo en soños, e soñáronnos a nós os musicas nos nosos labores diarios. E cando os deuses acordaron.a luz esparexeu os seus ralos  dourados por todas as partes e movéronse os animais, os ríos, as árbores, e comezaron a xirar o Sol, a Lúa e as  estrelas. Esta era a beleza do primeiro día.

Ler máis contos

AnexoTamaño
contos_galego2.pdf9.11 MB


page | by Dr. Radut