Skip to Content

Guía da diversidade familiar

Dende a Confederación ANPAS GALEGAS traballamos este ano na elaboración dunha "Guía da diversidade familiar", un traballo que se enmarca no programa contra a violencia de xénero e no que participa o finanzamento da Secretaría Xeral da Igualdade.
A Guía difundíuse entre as ANPA que temos confederadas, e tamén aparece como unha ferramenta dispoñíbel na nosa web, porque o noso interese e pór recursos ao dispor da comunidade educativa; é totalmente libre de uso e pódese reproducir total ou parcialmente. O caso é que teña utilidade.
Algunhas das nosas ANPA asociadas indicaronnos que podería ser tamén de interese para o profesorado, como outro material a utilizar, e por iso enviámosvos a ligazón para que poidades descargala e difundila.

Ver Guía da Sexualidade  - Ver Guía Coedudativa



page | by Dr. Radut