Refraneiro de Nadal
- Aceitona, unha por san Xoán e un cento por Nadal
- As chuvias de Nadal, non fan mal.
- Aí vén o mes de Nadal, que non deixe o millo sen apañar.
- Bo ano, Nadal soleado.
- Cada cousa no seu tempo, e os nabos no Advento.
- Cando o Nadal nada, sinal de boa anada.
- Castañas en Nadal, saben ben e pártense mal.
- Decembro mollado, xaneiro xeado.
- De san Xoán prás Navidás, os días van pra atrás.
- Deus nado, o día medrado.
- Día de Santa Lucía, enchente de auga ou de sardiña.
- Díxolle o neno a san Xoán , de ti a min menguarán, de min a ti medrarán.
- En decembro descansar e en xaneiro traballar.
- En decembro moita auga, en agosto lumes.
- En Nadal todas as cousas andan mal.
- En Nadal, inverno a caroal. (Moi intenso)
- Entre Nadal e xaneiro inverno verdadeiro.
- Fías de Nadal, nin tecedeiras fan.
- Friaxe no Nadal, non fai mal.
- Nadal chuvioso, xaneiro ventoso.
- Nadal molladoe xaneiro ben xeado.
- Nadal novo, fonda ben o arado e Nadal escuro, sementa no duro.
- Nadal sen porco non veñan moitos.
- Nas oitavas de Nadal o que aforra ben se val.
- Nadal e xaneiro fan o inverno enteiro.
- Nen en agosto camiñar nen en decembro navegar.
- Non gabes nen desgabes até que pasen sete navidades.
- No mes de Nadal, a carón da lareira vaite sentar.
- No nadal, alegrote, alegrote, que hai viño na cuba e chourizos no pote.
- No nadal, hai veces que se come pardal.
- No nadal, inverno a fartar.
- O coello por san Xoán e a perdiz por Nadal.
- O día de Santa Lucía mingua a noite e medra o día.
- O que non é o día de santa Lucía xa será outro día.
- O que queira ter bo allal pránteo no nadal.
- Os allos polo San Silvestre, nin nados nin na reste.- Os allos en nadal, nen nados nen por sementar.
- Pascuas enxoitas, nin poucas nin moitas.
- Pola Concepción ningunha galiña pon.
- Pola Santa Lucía deita túa galiña.
- Pola Santa Lucía mingua a noite e medra o dia.
- Pola Santa Lucía, some a noite e medra o día.
- Polo Nadal cada ovella ao seu curral.
- Polo Nadal, frío cordial.
- Por Nadal inverno a fartar.
- Por Santa Lucía a pata dunha Galiña.
- Por Santa Lucía ao salto dunha pulga medra o día.
- Por Santa Lucía, mingua a noite e medra o día.
- Por Santos e Nadal, o inverno caroal.
- Pra matar o porco tanto ten o día de Santa Lucía como pro outro día.
- San Silvestre, meigas fóra.
- Santa Lucía o máis pequeno dos días.
- Santa Lucía saca da noite e mete no día.
- Santa Vivián, mociñas no liño e vella na lan.
- Santo Tomé agarra o cocho polo pé.
- Se a noite de Nadal hai luar, lembra ben para sementar.
- Se o nadal nada, sinal de boa anada.
- Se polo Nadal neva, todo se aleda.
- Tantos días de sol en nadal como de auga en san Xoán.
A Concepción de María celébrase o 8 de decembro.
Santa Viviana, 2 de decembro.
San Tomé 21 de decembro; San Matías celebrábase o 24 de febreiro, se ben actualmente trasladouse ó 14 de maio.
Santa Lucía,13 de decembro.
San Nicolao, 6 de decembro.
Santa Baia, 14 de decembro.
Santa Eulalia é unha forma culta por santa Baia, de introdución recente por cadrar co castelán
San Silvestre, 31 de decembro.