Skip to Content

20 de Novembro - Día Universal da Infancia

O Día Universal da Infancia, que se celebra todos os anos o 20 de novembro, é un día adicado a todos os nenos e nenas do mundo.

 

 

O obxectivo do Día Universal da Infancia é lembrar á cidadanía que a infancia é o colectivo máis vulnerable e, polo tanto, o que máis sofre as crises e os problemas do mundo. É un día de festa polos avances logrados, pero sobre todo é un día para chamar a atención sobre a situación dos nenos máis desfavorecidos, para dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar á xente da importancia de traballar cada día polo seu benestar e desenvolvemento. 

 

Cando se celebra o Día Universal da Infancia?

 

Nesta data a Asemblea Xeral da ONU aprobou acordou o texto definitivo da Convención sobre os Dereitos do Neno, o 20 de novembro de 1989, cuxo cumprimento é obrigatorio para todos os países que o asinaron.

  

Que se celebra?

 

As Nacións Unidas celebran este Día Internacional da Infancia en homenaxe á aprobación da Declaración dos Dereitos do Neno en 1959 e da Convención dos Dereitos do Neno en 1989, o tratado internacional máis ratificado da historia.

 

Para que serve o Día Universal da Infancia?

 

Este día mundial lembra que todos os nenos teñen dereito á saúde, á educación e á protección, independentemente do lugar do mundo en que naceran.

 

Serve para facer un chamamento global sobre as necesidades dos máis pequenos e para recoñecer o traballo das persoas que traballan cada día para que os nenos teñan un futuro mellor. Sen dúbida, unha ocasión especial para que todos coñezan os dereitos da infancia e recorden a importancia de traballar polo benestar de todos os nenos e nenas do mundo.

 

Recursos

 

Dereitos dos nenos - Adaptado de 6 a 8 anos

 

Dereitos dos nenos - Adaptado de 9 a 12 anos

 

----

Fonte e máis recursos en: https://infanciagalicia.org/recursos/

AnexoTamaño
Caderno dereitos 9-12.pdf3.01 MB
Caderno os meus dereitos 6-8.pdf1.38 MB


page | by Dr. Radut