Skip to Content

Praza de Galicia en 1983 - Autobuses eléctricos

A inauguración dos buses eléctricos de Pontevedra a Marín foi no ano 1943 pola empresa Tranvías Eléctricos de Pontevedra, S.A.  En 1955 inaugurouse a liña completa Pontevedra-Lérez e en 1962 ampliouse ata chegar a Alba.   O 25 de febreiro de 1961 chegaron ao porto de Marín nun cargueiro alemán, catorce trolebuses eléctricos de dous pisos da London Transport Executive de Londres, de segunda man, dos que oito eran para Pontevedra. En 1975 a empresa solicitou á Segunda Xefatura Rexional de Transportes Terrestres o cambio de maquinaria de trolebuses eléctricos por autobuses convencionais de gasolina. En 1977  ano chegan dezasete trolebuses de segunda man de Valencia e de Barcelona, á vez que se procedía  á retirada dos buses de dous pisos. A empresa Tranvías Eléctricos de Pontevedra foi adquirida por Transportes A Unión.  Os famosos troles eléctricos, ecolóxicos, desapareceron definitivamente de Pontevedra en 1989. Ler máis

Praza de Galicia en 1983 - Autobuses eléctricos


image | by Dr. Radut