Skip to Content

Palabras en Galego para designar a choiva

A
Amizar: é cando para de chover.
Arroiada: choiva moi intensa.
Arroiada: moita choiva e moi forte.
Arroiar: cando chove moito.
Auganeve: auga moi fría.

B
Babuña: pouca choiva.
Babuxada: auga moi finiña, dura moi pouquiño tempo.
Ballón: tromba de auga forte e intensa
Basto: que chove moita cantidade de chuvia xunta.
Bátega: choiva forte, que dura pouco.
Brea: é cando fai moito vento e chove ao mesmo tempo.

C
Cairo: chaparrón moi forte que dura moi pouco tempo.
Cifra: choiva ou neve, acompañada de vento.
Curiscada: chuvia miúda e que pasa rápido, e vén con aire.
Chaparrada: Choiva que dura moi pouco.
Choiva: precipitacións en forma de auga.
Chover a chuzos/ ou a caldeiros: cando chove moi intensamente, pode ser moito ou pouco tempo.
Chover como a mexadiña dun rato: cando chove moi pouquiño e o canal da auga bota como unha mexadiña dun rato.
Chuvasco: choiva con moito aire.
Chuvasco: precipitación intensa e abundante, acompañada case sempre de vento forte
Chuvieira: é unha chuvia moi forte e abundante.
Chuviñada : choiva de pouca duración e que cae moi lentamente.
Chuviscada: gotas pequenas de auga.
Chuvisca: choiva miúda e pouco intensa
Chuviscar: cando chove fino.
Chuvisco: é cando chove miudiño e fai vento.
Chuvizna: cando chove pouco.

D
Diluvio: choiva abundante e forte.

E

Entrepazar: caer auga neve
Escampar: cando deixa de chover.
Ervallo: cando cae auga que nin chove nin deixa de chover pero molla.

F
Folerpa: cando neva pero non calla.

G
Granizada*: cando cae a auga en forma de xeo.

I
Invernada: que chove durante moito tempo e cando auga cae fai como globos na terra.

N
nevada: chuvia en forma de neve
nevarada:
chuvia en forma de neve
nevareira:
chuvia en forma de neve
nevarío:
chuvia en forma de neve
nevisca:
chuvia mesturada con neve
nevarisca:
chuvia mesturada con neve

O
Orballada: choiva miúda e de pouca duración.
Orballiscada: orballada moi fina.
Orballo: Chuvia fina e persistente.

P
Parruma: é a neve pouco densa.
Pedrazo: cando graniza* pero as pedras de xeo son moi grandes.
Pedrazo: sarabia forte con pedriñas de xeo.
Pingar: cando caen gotas grandes.
Poallo: choiva miúda e pouco intensa.

S
Saraibada: chuvia con xeo

T
Tifón : temporal con moita choiva e vento.
Torba: choiva mesturada con granizo.
Torbón: dise cando chove forte e para de chover un intre e volve chover.
Treboada: tormenta.
Treboada: tromba de auga forte e intensa, tormenta
Trebón: chuvia forte de longa duración.

X
Xistra: neve con vento frío.

Z
Zarzallo: chuvia fina.

Máis: - O Galego EuCaderno da Lingua - Dicionario en Trazo - Refraneiro Galego
Para resumir aquí están 61 palabras galegas distintas para denominar a choiva. E outras dezaseis máis relacionadas co mesmo concepto:

Para chuvia feble: Babuña, Babuxa, Barbaña, Barbuza, Barrallo, Barrufa, Barruñeira, Barruzo, Borralla, Breca, Chuvisca, Chuviscada, Chuviñada, Froallo, Lapiñeira, Marmaña, Orballo, Parruma, Parrumada, Patiñeira, Patumeira, Poalla, Poallada, Poalleira, Poallo, Zarzallo…

Para chuvia forte: Arroiada, Ballón, Basto, Bátega, Bategada, Cebra, Cebrina, Chaparrada, Chuvascada, Chuvasco, Chuvieira, Cifra, Ciobra, Dioivo, Treixada, Xistra, Zarracina…

Cando hai raios e tronos: Treboada, Torboada, Torbón, Trebón…

Se vén con neve e xeo: Auganeve, Cebrina, Cebrisca, Escarabana, Nevada, Nevarada, Nevareira, Nevarío, Nevisca, Nevarisca, Pedrazo, Salabreada, Sarabiada, Torba…

Cando remata de chover: Amizar, Delampar, Escambrar, Escampar, Estear, Estiñar, Estrelampar…

Cando hai condensación de auga: Borraxeira, Borraxoia, Brétema, Cegoña, Fuscallo, Néboa, Neboeiro, Nebra, Zarrazina…



page | by Dr. Radut