Skip to Content

2014 - EEI Campolongo - EEI Crespo Rivas

En 1997 a Consellería de Educación mudou o nome á Escola de Educación Infantil de Campolongo por EEI Concepción Crespo Rivas. Esta, Conchita, fora a primeira directora. Deulle certo pudor cando e enterou do cambio de nome do colecio. «Fixérono ás agachadas, eu non quería, pero cando me decatei xa estaba feito». Di que agora xa perdeu algo a timidez, «pero entón era dun tímido subido e pensei que se podía armar unha lea». Xubilouse hai 24 anos e segue moi vinculada á súa escola, que adoita visitar en ocasións especiais, como as festas de Entroido ou de Nadal. Mantén unha magnífica relación con todas as profesoras que pasaron polo centro nos seus 34 anos de historia (dende 1980/81), coas que están agora en activo e coas súas antigas compañeiras tamén xubiladas, coas que se reúne unha vez por semana. Todas elas rendéronlle onte unha homenaxe a Concepción Crespo con motivo dos seus 90 aniversarios, unha festa sorpresa á que os seus sobriños levárona enganada. Conchita, como todos chámana, é solteira e non tivo fillos, pero si centos de alumnos, sen esquecer aos seus 25 sobriños. É unha mestra forxada nas antigas unitarias rurais, que comezou a súa carreira docente en Rodeiro, cando alí aínda había que alumarse con candil. Despois destinárona á escola de Donón, en Cambados, e xa con luz eléctrica puido ampliar os seus estudos para especializarse en párvulos -antes había que facer unha oposición especial para dedicarse á educación infantil-. Exerceu tamén na Guarda, en Seijo e en Marín, a súa vila natal, ata que en 1981 veu a Pontevedra para dirixir a recentemente aberta Escola Preescolar de Campolongo, hoxe Escola de Educación Infantil Concepción Crespo Rivas. «Eramos un gran equipo, traballabamos moi ben e esa foi a clave de que o colexio collese despois tanta fama». Daquela había oito aulas de 3 e 5 anos e non había límite de prazas. «Colliamos a todos os nenos que viñan e chegamos a ter case corenta por aula; despois foise reducindo, tiñan que ser da zona e agora as clases non pasan de 25». Conchita recoñece que ao principio tiveron problemas económicos, as administracións non eran demasiado xenerosas á hora de realizar obras de mantemento e mellora e había que presionar. Lembra coas súas compañeiras cando compraron as cortinas para as xanelas en Clarita. Pagáronas a prazos, coa axuda da asociación de pais, «sempre moi implicados» e antes do comezo de cada curso as propias profesoras levábanas a lavar ás súas casas. Pero nada como aquel frío inverno no que se estragou a calefacción. «Case todos os nenos puxéronse enfermos e apenas había cinco nas clases». Aquilo motivou a primeira folga na escola e os pais colapsaron o Rexistro do Concello presentando escritos, un por un. Xa xubilada, Concepción visita o colexio de cando en vez e leva unha vida tranquila e de calidade. Está en boa forma e aos seus 90 anos vai nadar habitualmente á piscina. Artigo relacionado.

 A información foi sacada do xornal A Voz de Galicia dixital



page | by Dr. Radut