Skip to Content

2005/06 - 25º Aniversario do EEI Crespo Rivas

A escola de educación infantil (EEI) Concepción Crespo Rivas de Pontevedra cumpre este curso 2005/06  vinte e cinco anos desde a súa apertura. Para celebrar este aniversario o centro deseñou un amplo programa de actividades que arrinca hoxe e concluirá o vindeiro sábado, 22 de outubro, cunha comida de confraternidade. O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, ten previsto acudir esta mañá á apertura dos actos, á que seguirá un concerto da banda de música da Brilat e a presentación dunha exposición fotográfica. Xa pola tarde, ás 20 horas, terá lugar no Teatro Principal unha mesa rendonda baixo o título Ensinar a soñar. Entre outros, participarán Rosa León e Fina Casalderrey. O programa continuará o martes con iniciativas como un mural de recortes de prensa ou unha sesión de contacontos. O mércores presentarase un vídeo-cedé con imaxes dos últimos 25 anos e realizarase un taller de debuxo. Para o xoves está prevista unha recompilación de cancións, obra do escritor Miguel Anxo Mouriño, ademais da representación dunha obra de teatro. O venres a oferta inclúe a presentación dunha revista sobre a historia do centro e unha sesión de maxia e humor. O sábado, a antiga directora, Concepción Crespo Rivas, pechará o programa. A comunidade educativa compartirá despois mesa e mantel. Ver nova na prensa

Artigo relacionado



page | by Dr. Radut