Hoxe,na biblioteca do colexio, o alumnado de 3º a 6º desfrutou dunha charla sobre a reciclaxe, a cargo de Manuel da empresa SOIL RECOVERY en colaboración co Concello de Baiona.
Nesta charla aprendimos moitísimas cousas, pero o máis importante…
- Non tirar os restos da poda aos contedores (hai que queimalos ou levalos ao punto limpo).
- Podemos facer compost cos restos orgánicos.
- Reducir para producir a menor cantidade de lixo posible.
- Reutilizar todo o que poidamos.
- Reciclar separando o lixo nos distintos contedores.