Skip to Content

Bibliobarqueira

Día de Rosalía de Castro

O pasado Venres 24 de Febreiro, cumplíase o 180 aniversario do nacemento da grande Rosalía de Castro. Así desde a biblioteca do centro, quixemos unirnos a esta celebración traballando a figura da poetisa e novelista galega, considerada unha das grandes escritoras da literatura española do S. XIX. Rosalía, xunto con outros escritores, representa o Rexurdimento galego que acabou por convertirla nun símbolo do noso pobo.

Por isto, os maiores do cole leeron poesías da escritora ós "peques", os cales estaban abraíados con este xénero literario. Finalmente, visionamos unha curtametraxe sobre a vida de Rosalía de Castro.

                                                            

 

 

 

Día da Paz

En pleno ano da Arte nas Bibliotecas escolar, quixemos relacionar o Día da Non violencia e a Paz con todo este mundo artístico.

Así, durante días traballamos nas diferentes aulas o Guernica de Picasso, un cadro que cuxo título alude ó bombardeo en Guernica ocurrido durante a Guerra Civil española.

Inmersos neste problemática a través das pinceladas de Pablo Picasso, cada unha das aulas creou un pedazo deste obra, a cal encaixamos entre todos o Día da Paz.

Posteriormente, cantamos e bailamos unha canción relacionada co tema, e do máis coñecido polos nosos nenos/as, "Bajo el mismo Sol". Finalmente, os máis maiores, fixeron co seu corpo a palabra PAZ no chan. ¡¡¡¡Qué día máis bonito!!!!

                   

 

                                   

Conmemoración da Constitución Española.

¿Cómo facer chegar ós máis pequenos/as unha temática tan complexa coma a da Constitución ESpañola?

Pois ben, cunhas auténticas eleccións, e a idea clara dos seus dereitos e deberes. Así, publicado o censo do alumnado co CEIP da Barqueira, cada un dos nenos/as debía acudir o día sinalado a unha votación á Biblioteca do centro. Para isto, tiñan que presentar o carnet de lectores do cole frente a mesa electoral, formada por un presidente, un secretario e dous vogais. O tema a votar era un nome para a Biblioteca do centro. Así, finalizadas as votacións e tras o posterior reconto de votos por parte dos membros da mesa electoral, o novo nome para este espazo do centro será:

A COVA DOS CONTOS.

                                                                       

25N - Día da NON violencia de xénero

Como cada ano, no mes de Novembro, conmemórase o día da NON violencia de xénero. Unha xornada para reflexionar e tomar conciencia da situación que nos rodea.

Así, desde a Biblioteca do centro, levamos a cabo unha serie de actividades conxuntas, como o visionado dunha curtametraxe sobre a temátic,a e que posteriormente incitou os pequenos/as a debatir sobre unha realidade actual do máis preocupante e devastadora. Finalmente, cantamos e bailamos unha canción do grupo musical Amaral. 

 

Samaín e Magosto

Un ano máis, celebramos unha data que nos encanta, o Samaín e o Magosto.

Así, ó longo do día, e engalanados cos nosos máis terroríficos disfraces, fixemos unha grande cantidade de actividades.

Desde aquí, gustaríanos agradecer ás familias a súa participación e colaboración nesta celebración. ¡GRAZAS!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut