Skip to Content

Día da Paz

En pleno ano da Arte nas Bibliotecas escolar, quixemos relacionar o Día da Non violencia e a Paz con todo este mundo artístico.

Así, durante días traballamos nas diferentes aulas o Guernica de Picasso, un cadro que cuxo título alude ó bombardeo en Guernica ocurrido durante a Guerra Civil española.

Inmersos neste problemática a través das pinceladas de Pablo Picasso, cada unha das aulas creou un pedazo deste obra, a cal encaixamos entre todos o Día da Paz.

Posteriormente, cantamos e bailamos unha canción relacionada co tema, e do máis coñecido polos nosos nenos/as, "Bajo el mismo Sol". Finalmente, os máis maiores, fixeron co seu corpo a palabra PAZ no chan. ¡¡¡¡Qué día máis bonito!!!!

                   

 

                                   



book | by Dr. Radut