Un ano máis, o 25 de Novembro, celébrase o Día da Non violencia de Xénero, un día no que se pretende dar consciencia das desigualdades existentes entre ambos xéneros en pleno Siglo XXI. Igualmente, a violencia de xénero segue sendo unha das principais lacras da nosa sociedade, polo que desde o CEIP da Barqueira, quixemos darlle unha volta e traballar todos estes aspectos a través do deporte, e neste caso do fútbol.
Así, tivemos a enorme sorte de contar no noso centro con Marisa Villa, primeira delegada arbitral do fúbtol español, primeira muller en conseguir o ascenso como asistente na Primeira división española e catro veces olímpica. Por isto, falar de Marisa é falar dunha institución dentro do mundo da arbitraxe español onde permaneceu ata o ano 2013, data da súa retirada. Porén, a súa carreira deportiva non termina nese ano, xa que continúa traballando a favor da arbitraxe, tanto na Federación Española de árbritos, como a nivel FIFA. Marisa actualmente é a coordinadora no novo corpo de mulleres árbritos que acaba de constituirse. Igualmente é delegada observadora arbitral na UEFA e instructora de árbritos na FIFA. CASE NADAAAAA!!!!!
Marisa veu acompañada por Ignacio Iglesias, árbitro de fútbol español da Primeira división, pertencente ó Comité de árbitros de Galicia. Nacho leva máis de dezasete anos na máis alta división onde forma parte dun grupo privilexiado de tan só vinte persoas que forman parte da élite da arbitraxe no fútbol. Con 137 partidos arbitrados pode presumir tamén de ser mestre de Educación Física.
Con estes espectaculares currículos, Marisa e Nacho, contáronnos a súa experiencia persoal no mundo da arbritaxe, que os levou a formar parte dese mundo, que valores lles inculcou o deporte, a violencia que sufren ás veces nos partidos, as experiencias en campos de fúbtol do máis desagradables, as diferenzas que existen noutros países á hora de realizar este deporte, as dificultades das mulleres na incorporación nun mundo que a sociedade establece debe ser de homes, os estereotipos errados que da muller se ten con respecto as súas habilidades físicas e a realización de deportes de élite.
Finalmente, tivemos a oportunidade de realizarlles as nosas preguntas e mesmo.....ASINÁRONNOS AUTÓGRAFOS!!!!
A verdade é que foi unha actividade que abarcou moito máis do que esperábamos inicialmente, que fixo reflexionar ós pequenos/as e que nos descubriu un mundo que aínda que é moi cercano, descoñecemos enormemente. Nós pasamolo en grande, así que esperamos que eles marchasen igual de contentos que nós.
MILLÓNS DE GRAZAS A MARISA E NACHO!!!!!