RECONTO DE TAPÓNS
Como xa comentamos en noticias anteriores, a recollida de tapóns, supuxo para nós un importante traballo extra moi aproveitable. Así, primeiramente realizábamos estimacións "cantos tapóns creedes que temos?"
Posteriormente, agrupamos os tapóns en decenas para que o conteo fose un pouquiño máis fácil.
Finalmente, facemos reconto das decenas que dispoñemos e intentamos realizar o cálculo (aínda necesitamos un pouco de axuda, pero todo se andará... )
SEMÁFORO
Durante o derradeiro trimestre do curso, e posto que nos costaba moito falar nun tono "normal", decidimos rescatar o semáforo do comedor que xa non se empregaba e intentar regular o volumen da nosa fala. O que nós non sabíamos, é que o que comezou sendo unha simple estimulación para non berrar, acabou sendo outra actividade máis de ABN. Así, ó longo da semana rexistrábamos a cantidade de puntos vermellos que tiñamos e se o venres o número era "menor que" cinco conseguíamos unha cariña feliz. Porén, se o número era "maior que" dez a cariña triste era para todo o grupo. Así, traballamos o conteo, así como o maior que, menor que...
CADRANTE DO CEN.
Pouco a pouco, incluímos na clase o traballo co cadrante do cen adaptado ós diferentes niveis. Así, buscamos números, familias, amigos e pandillas. Investigamos tamén sobre anteriores e posteriores, así como ó número que chegaríamos se fixéramos tres "pasitos". Montamos o cadrante como se dun puzzle se tratase, fixemos crucinúmeros e realizamos o noso propio cadrante...CASE NADA!!!
QUEN TEN O APELIDO MÁIS LONGO?
Levábamos un tempo debatindo sobre cal era o neno ou nena da clase que tiña o apelido máis longo, pois ben...MANS Á OBRA!!!
Primeiramente realizamos unha estimación sobre cal dos dous apelidos que tiñamos era o que máis letras tiña, estimación que posteriormente comprobamos, aínda que todos e todas estábamos no certo.
Así que, a escribir todos aqueles apelidos máis longos de cada un dos nenos e nenas da clase e da profe....tamén . Realizamos novamente unha estimación, cal creedes que é o que máis letras ten?
Finalmente, contamos as letras para comprobar as nosas estimacións e...
OUTRAS ACTIVIDADES.
CONTEO
SERIE NUMÉRICA.
BALANZA E COMPLEMENTARIOS DO 10.