MBOT RANGER.
Posto que aínda acabamos de comezar co traballo con este robot, tan só coñecemos as funcións principais do mesmo, as cales deben ser interiorizadas para continuar co posterior traballo da programación.
Así, realizamos diversas actividades:
Levar o robot a un compañeiro ou compañeira que nós mesmos decidamos.
Pode parecer algo moi sinxelo pero o manexo do joy stick é algo complexo para eles/as xa que precisa de moita práctica. Así que, a practicar!!!
QUE DEBUXEI?
Coa opción de que o mBOT se mova facendo un debuxo que previamente facemos, xogamos a adiviñar o que os demais estaban debuxando.
BEE BOT
BEE BOOT VS SCORNABOT.
Comprobamos por fin, porque non podemos utilizar este robot tan "raro" e cheo de cables nos taboleiros da nosa abella. Así, descubrimos cal é a diferencia de movementos e distancias entre un e outro.