Como xa sabedes, o día dos experimentos é o noso día favorito da semana, así que tivemos a sorte de poder mostrar os nosos preferidos na xornada de portas abertas. Así, podíamos escoller aqueles que máis nos gustaran tanto este curso como o pasado, coa única condición de seleccionar algún vinculado co noso Proxecto "A Patrulla canina". Así que, seleccionamos, recordamos, realizamos e buscamos novamente o seu razonamento científico. Pola miña parte, creo que os pequenos/as o explicaron á perfección o día da ciencia, así que, sobran as palabras, tan só dicir...QUE ORGULLOSA ESTOU DELES/AS!!!
LEITE MÁXICO.
PONTES (capilaridade).
OSITOS MUTANTES.
PULMÓNS (sistema respiratorio).
CORAZÓN (sistema circulatorio).
E así de guapísimos/as estabamos nos nosos "stands" científicos da feira da ciencia.
En canto poida colgarei algún vídeo das explicacións porque a verdade é que non teñen desperdicio. SON ENORMES!!!