novas_1º_ciclo

MERENDAS SAUDÁBEIS

No presente curso iniciamos o noso compromiso para facer máis saudábeis as nosas merendas co fomento do consumo de froita. E como podedes ver gustou moito, mmm..., qué rica!!

      

SAÍDA Á "PRESA DO VAL"

Nestes últimos días de clase, e como despedida de fin de curso o alumnado de e curso, acompañados polo seu titor e mestras, desfrutaron dunha saída á área recreativa da "Presa do Val"

      

    

                                                                   

EU SON ATLETA CONTRA O CORONAVIRUS

 Boas a todos os alumnos e alumnas do CEIP BAIÑAS:

 

Como sabedes estamos pasando por uns días complicados ,a cousa é tan importante QUE NON PODEMOS NIN IR AO COLE! 

 

Seguramente moitos dos vosos profesores e profesoras xa vos mandaron tarefas para facer na casa de matemáticas, lingua, inglés, relixión, etc… Pero… que pasa con educación física?

 

 Non vos preocupedes porque moi pronto volveremos á nosa vida de antes e poderemos volver gozar co deporte e exercicio físico como antes faciamos cos demais nenos e nenas.

 

Dende o CEIP DE BAIÑAS e incluído no PLAN PROXECTA, propoñémosvos a todos os nenos e nenas , un reto de 10 días, ao que chamaremos: #EuSonAtletaContraOVirus

 

Consiste en que cada día e durante 10 días seguidos realizaremos un reto nas nosas casas. Podemos facelo sós, coa axuda doutro neno ou nena ou dalgunha persoa adulta. Ademais dos retos diarios que debedes facer cada día propoñemos, a maiores, que cada quen poida inventar os seus propios xogos e exercicios motrices. Podedes mandarnos imaxes dos exercicios ao correo do centro; ceip.bainas@edu.xunta.es

Os retos diarios publicareinos no meu blog donde teredes que entrar ,ver o video e realizar o reto.

 

 

Blog: https://auladejosebainas.blogspot.com/

CORREO:jose.manuel.santos@edu.xunta.es  

ACTIVIDADES DE REFORZO 1º e 2º CURSO

HOLA!

AQUÍ TENDES AS ACTIVIDADES DE REFORZO E REPASO QUE RECOMENDOU O PROFESORADO DE 1º E 2º CURSO

PINCHA NO DOCUMENTO ADXUNTO PARA VELAS

UN SAÚDO!

PROPOSTA DE ACTIVIDADES DE REPASO PARA 1º E 2º DE PRIMARIA

Boas familias!

 

A continuación móstrovos o enlace ao blog de aula, onde irei colgando actividades para que o alumnado de primeiro e segundo de Educación Primaria vaia facendo nas súas casas, así como unha dirección de correo electrónico para poñerse en contacto comigo para resolver dúbidas que poidan xurdir.

 

Blog: https://auladejosebainas.blogspot.com/

CORREO:jose.manuel.santos@edu.xunta.es

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer