Skip to Content

alumnado

EXCURSIÓN FIN DE CURSO 2023-24

Chegou o último día deste curso e rematámolo cunha excursión ao Galipark multiaventura de Padrón onde participamos en numerosas actividades

Dende tirolina, tiro con arco, tobogáns, hinchables e piscina.

Pasámolo xenial!!

Feliz verán e que pasedes unhas boas e merecidas vacacións!!

  

 

GRADUACIÓN 2024

O pasado 20 de xuño tivemos a cerimonia de Graduación 2024

O alumnado de Educación Infantil: Nadia e Alexia graduáronse antes de comezar a primaria para o curso que vén.

E o alumnado de sexto curso: Sara, Jimena, Eire, Saúl, Claudia e Antía graduáronse en primaria e comezarán para o ano a secundaria.

O acto estivo amenizado polo propio alumnado con distintas actuacións musicais e tamén por unha obra teatral a cargo do alumnado de sexto,

Todo saiu fenomenal e logo tivemos unha pequena festa de despedida.

Parabéns a todos e todas e moita sorte na vosa nova etapa!!

 

 

ENTREGA DOS IX PREMIOS LITERARIOS 2024

Como xa fai nove anos cada fin de curso, o pasado 20 de xuño, fixemos entrega aos participantes e aos gañadores do IX concurso de Relatos Curtos do CEIP Baíñas.

Foi o ano con máis participación con preto dun 99%. Todo un récord!

Este certame, consistía en presentar un texto que tratase sobre algún tema da nosa contorna
Houbo un gran nivel, pero finalmente os gañadores foron...

1º Premio:

Izan Silva Pose

Pola súa obra titulada: "Mariquiña"

2º Premio:

Jimena Chao Lado,

Pola súa obra titulada: "A pantasma de Baíñas"

3º Premio:

Héctor Grille Louro,

Pola súa obra titulada: O "Vakner"

  

Parabéns a todolos/as participantes!!

PRESENTAMOS O PUNTO LARANXA

O pasado venres 3 de maio o alumnado de 6º curso de Ed, primaria, presentounos o Punto Laranxa: Unha iniciativa da Consellería de Educación para denunciar o acoso e/ou o ciberacoso escolar.

O Punto Laranxa estará exposto no corredor das aulas do 2º piso, a carón da Biblioteca, e tamén haberá un servizo online de denuncia na propia web do Centro

Se alquén se sinte acosado/a e/ou sabe de alguén que poda estalo, solo ten que deixar unha mensaxe no buzón do Punto Laranxa e a súa demanda será atendida polos mestres/as encargados.

Non quedes calado/a, denuncia!

 

 

 

OBRADOIROS DE OLERÍA DE BUÑO

O venres día 9 de maio, tivemos conosco a Aparicio, mestre oleiro de Buño, famosa localidade da Costa da Morte, por ser unha das vilas mais famosas que traballou sempre, e ainda traballa, este oficio artesán e trata de que non se perda.

Por este motivo tivemos uns obradoiros con el. Fixemos varias pezas de barro e ensinounos como debemos traballalo.

Xa tiñamos algunha experiencia posto que fai dous anos visitamos o Ecomuseo da Olería desa localidade.

E é que se de verdade queredes aprender...

Tendes que mancharvos de barro!!

   

OBRADOIROS SOBRE A AUGA

O pasado 7 de maio tivemos uns obradoiros a cargo da Consellería e o departamento de Augas de Galicia, sobre os beneficios e os riscos da auga. Concretamente como podemos previr riscos coma as inundacións. Estiveron enfocados ao alumnado de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria.

Un tema, por desgracia cada vez máis a ter en conta nos últimos tempos, por mor de factores coma a deforestación, ou o cambio climático.

Un tema que nos conecta de chéo coa realidade do noso planeta.

   

 

SAÍDAS AO ENTORNO: CAOLÍNS DE VIMIANZO

Relacionado co noso proxecto de coñecemento da nosa contorna, o pasado xoves 30 de maio de 2024, visitamos por primeira vez, logo de moitos anos a industria mineira máis próxima ao noso Centro, xa que apenas está a catro kilómetros de distancia do noso Centro.

Fomos recibidos por Cecilia, a directora da mina e o seus compañeiros. Tamén nos agardaba Mónica, a alcaldesa de Vimianzo

Como vedes foi unha gran benvida!!

Pero o mellor estaba por vir. Primeiramente tivemos unha charla informativa sobre a mina, a extracción do caolín e os uso na industria ( na construcción, na cosmética,...). Seguidamente, puxemos o traxe de mineiro e visitamos a mina, onde observamos como extraían o mineral e o cargaban nos lagartos (camións). De volta ás instalacións fixemos manualidades con caolín e por último, como nos ensinaron, plantamos vinte árbores autóctonas para repoblar o monte que antes fora unha das canteiras onde se extraía o mineral. Pois quedounos claro que temos que ter un desenvolvemento sostible e explotar os recursos pero deixar logo o noso medio ambiente igual ou incluso mellor do que estaba.

Non queremos esquecernos de dar as grazas a Cecilia e a todo o personal encargado da explotación que nos atenderon de marabilla e ainda por riba viñemos cargados de agasallos!

Foi unha experiencia fabulosa, verdade que si?

  

 

 

ANIMACIÓN Á LECTURA: PASANDO A BÓLA, CONTOS PARA CAMBIAR.

O pasado 22 de maio, tivemos unha animación á lectura a cargo do Consorcio Galego, coa escritora e actriz Celtia Figueiras.

Para esta ocasión a temática trataba das relacións entre as persoas, o "bulling" e o "ciberacoso".

Aprendemos moito e gustounos un montón!

   

Distribuir contido


by Dr. Radut