Skip to Content

animación á lectura

Guía de lectura Nadal 2022

Dende a biblioteca do CEIP Baíñas queremos agasallarvos coas nosas recomendacións lectoras para este Nadal 2022, e desexarvos que pasedes unhas:

Felices Festas !!

Pincha aquí se queres descargar a guía.

Guía de lectura verán 2022

Presentamos as nosas recomendacións lectoras para este verán 2022 dende a biblioteca do CEIP Baíñas,

Se non vedes o documento adxunto pinchade aquí. 

 

GUÍA DE LECTURA NADAL 2021

A/A do alumnado e familias:

Aquí están as nosas recomendacións lectoras para este Nadal, agardamos que as disfrutedes!!

Pinchade na imaxe ou no arquivo adxunto para descargar a guía.

Dende o equipo de Biblioteca desexámosvos...FELICES FESTAS!!

 

23 de Abril, Día do Libro

Na semana do 19 ao 23 de abril celebramos o Día do Libro infantil e xuvenil compartindo novas lecturas relacionadas coa natureza e o medio ambiente,

e tamén tivemos a visita do escritor e ecoloxista Anxo Moure, que realizou unhas sesións de contacontos presencial, cumprindo con todas as medidas do protocolo COVID,

Unha parte realizouse no salón de actos e a outra nos xardíns do colexio, onde entre outras moitas cousas, nos falou do amor que lles ten ás árbores.

    

 

 

Marzo, mes da Poesía

Durante o mes de marzo, celebramos o mes da POESÍA coa proposta: "A poesía non morde, colle unha!"

Foi unha actividade que gustou moito ao alumnado, e consistiu en deixar poemas por distintas partes do colexio e deste xeito animar á lectura.

Lemos poemas tanto en galego coma en castelán, de poetas e poetisas de renombre: Rosalía, Cunqueiro, Curros Enríquez, Celso emilio Ferreiro, Manuel María, Gloria Fuertes, Federico García Lorca, Bécquer,...

entre outros.

    

    

 

 

GUÍA DE LECTURA NADAL 2020 CEIP BAÍÑAS

Hola a toda a comunidade educativa!

Coma todos os anos nestas datas queremos achegarvos as nosas recomendacións lectoras para este NADAL 2020.

Pinchade no documento adxunto se non podedes descargar a guía de lecturas.

Coidádevos moito!         

Felices Festas! e Bóas lecturas!

 

ABRIL, MES DO LIBRO 2020: Proposta de actividades.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PDI: "MIña terra, miña terra... non hai planeta B

 

Aprobeitando que estamos en abril, o mes do libro, aquí vos deixamos algunhas recomendacións

lectoras para todas as idades e que teñen que ver co noso proxecto de biblioteca.

RECOMENDACIÓNS POÉTICAS

RECOMENDACIÓNS POÉTICAS 2020:

     

 

          

Distribuir contido


by Dr. Radut