23 de Abril, Día do Libro
Na semana do 19 ao 23 de abril celebramos o Día do Libro infantil e xuvenil compartindo novas lecturas relacionadas coa natureza e o medio ambiente,
e tamén tivemos a visita do escritor e ecoloxista Anxo Moure, que realizou unhas sesións de contacontos presencial, cumprindo con todas as medidas do protocolo COVID,
Unha parte realizouse no salón de actos e a outra nos xardíns do colexio, onde entre outras moitas cousas, nos falou do amor que lles ten ás árbores.