Skip to Content

Xeral biblioteca

GUÍA DE LECTURA NADAL 2021

A/A do alumnado e familias:

Aquí están as nosas recomendacións lectoras para este Nadal, agardamos que as disfrutedes!!

Pinchade na imaxe ou no arquivo adxunto para descargar a guía.

Dende o equipo de Biblioteca desexámosvos...FELICES FESTAS!!

 

CONCURSO LITERARIO DE RELATOS CURTOS 2020-21

O día 22 de xuño tivo lugar a entrega de premios aos participantes no VI concurso literario de relatos curtos. As premiadas este ano foron:

1º premio: Noa Domínguez Antelo de 4º de primaria, por "A Natureza"

2º premio: Antía Vilariño López de 3º de primaria, por "Nai Natureza"

3º premio: Paula Danis Domínguez de 4º de primaria, por "A vida dos gandeiros"

Noraboa ás premiadas e o noso agradecemento ao alumnado participante!!

 

   

POÑEMOS A NOSA HORTA

O alumnado do Centro puxemos a nosa horta, que levaba tempo abandonada.

O alumnado de Ed. Infantil animouse coas leitugas, o alumnado de 1º e 2º usaron un carriño moi xeitoso e os maiores cultivamos leitugas, tomates e pementos.

Procuramos que todo fose o máis ecolóxico posible, usamos compost para abonar a horta, e sen pesticidas nin herbicidas, usamos unha cuberta transpirable para evitar que aparecesen as malas herbas.

Gustounos moito atendela, e ben seguro que repetiremos esta grande experiencia.

  

   

  

XELA ARIAS: LETRAS GALEGAS 2021

Durante o mes de Maio celebramos o mes das Letras Galegas, este ano adicado á poeta e editora Xela Arias.

Celebrámolo coa lectura dalgúns dos capítulos do seu libro titulado: Non te amola!, un libro inédito da autora, por ser este en prosa e porque narra aspectos da súa propia vida cando era unha nena de nove anos.

Ademáis fixemos uns obradoiros de poesía para o alumnado dende 4º a 6º curso, organizados en colaboración coa AELG (Asociación de escritores e escritoras en lingua galega), e impartidos presencialmente en cada aula pola escritora e xornalista Andrea Barreira baixo o título: "Cada día, a familia".

Ademáis o alumnado de Infantil, 1º e 2º fixeron uns debuxos alusivos á homenaxe, e os de 5º e 6º curso uns marcapáxinas conmemorativos, de diseño propio, coa impresora 3D.

          

 

 

8 de Marzo, Día Internacional da Muller

O pasado día 8 de marzo conmemoramos o Día Internacional da Muller. Nesta ocasión e tendo en conta que estabamos a crear conciencia medioambiental celebrámolo coñecendo e lembrando a aquelas mulleres que tiveron un papel relevante tanto na defensa da natureza coma na conservación do medio ambiente: Dian Fossey, Jane Goodall, Greta Thunberg,...

Fixémolo a nivel aula coa elaboración de pequenos murais, biografías e tamén utilizando a impresora 3D, onde imprimimos uns medallóns alusivos a estas grandes mulleres e outros co gallo do Día de Rosalía de Castro.

             

              

ENTROIDO 2021

Neste curso o ENTROIDO quedou un tanto restinxido debido a COVID. 

A pesares das actuais circunstancias celebrámolo á nosa maneira: 

1º Participamos nos mandados do MECO

2º Elaboramos un libro de receitas e postres típicos.

3º Difrazámonos de Pediatras e Matronas para reivindicar, xunto coas familias, a carencia deste servizo na nosa bisbarra. 

Ao tempo que, tamén, dalgunha maneira, queriamos homenaxear a todo ese personal sanitario que estivo e está "en primeira liña fronte ao virus!"

FOTOS

    

   

POEMAS POLA PAZ

Co gallo do DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA

O ALUMNADO DE 4º 5º E 6º recitou algúns poemas pola PAZ, achegámosvos unha pequena mostra.

UN SAÚDO!

    

GUÍA DE LECTURA NADAL 2020 CEIP BAÍÑAS

Hola a toda a comunidade educativa!

Coma todos os anos nestas datas queremos achegarvos as nosas recomendacións lectoras para este NADAL 2020.

Pinchade no documento adxunto se non podedes descargar a guía de lecturas.

Coidádevos moito!         

Felices Festas! e Bóas lecturas!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut