Skip to Content

Xeral biblioteca

ENTROIDO 2023

O venres día 17 de febreiro celebramos o Entroido no colexio. Nesa semana seguimos os mandados do "meco" coma todos os anos.

Este curso puxemos como tema común o DEPORTE. Fomos desfilando polas rúas do pobo e logo tivemos festa no colexio, onde nos agardaban uns postres típicos (Filloas, orellas, rosquillas,..) riquísimos e elaborados en colaboración coas familias.

Coma anos atrás foi unha gran festa e pasámolo de maravilla.

 

 

 

 

 

 

 

DÍA DA PAZ 2023

O 30 de xaneiro de 2023 celebramos o Día da Paz, lanzado un berro forte decindo: NON ÁS GUERRAS!!

Fixemos un vídeo conxunto e cantamos a canción de Roberto Carlos: "El progreso"

 

BÓ NADAL 2022

O 22 de decembro, rematamos as clases. Pero quixemos celebralo como se merece: Veu Papá Noel o día anterior. Celebramos unha chocolatada navideña e por último alumnos e mestres actuamos no escenario para despedirnos ata o 2023.

BO NADAL e FELIZ ANINOVO!!

 

 

  

PATINA PERO NON CAIAS!!

O Concello de Vimianzo, coma o ano pasado abriu a pista de patinaxe sobre xeo e fomos estrenala o pasado día 15 de decembro.

E é que xa somos uns excelentes patinadores e patinadoras. Qué estilazo!!VIVA!!

 

 

  

 

  

25 N DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O Centro, en colaboración co Concello de Vimianzo organizamos unha serie de actividades educativas e lúdicas, para concienciarnos en contra da vilolencia de xénero.

reganizamos obradoiros con cada grupo para elaborar unha cometana que cada alumno/a portase unha letra para unha mensaxe común:

ERGUE AS TÚAS ÁS POLA LIBERDADE !!

O día 25 de novembro, voamos as nosas cometas, e ademáis axudáronos as familias. Moitas grazas a todos!! E en especial a Sergio, do Concello de Vimianzo, que foi o que ideou esta actividade.

TODO UN ËXITO!!

 

    

 

 

 

EXCURSIÓN AO MELGA E AO ECO-MUSEO DO FORNO DE BUÑO

O pasado 11 de novembro fixemos a primeira saída deste curso. Visitamos o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) en Ponteceso, onde Ricardo, o director do museo ensinounos como xogaban os nosos pais e os nosos avós. 

Despois visitamos o Eco-museo do forno de Buño, no que aprendemos como era o oficio de alfareiro.

Foi moi instructivo e superdivertido!!

 

      

 

MAGOSTO 2022

O día 18 de novembro celebramos o magosto coma faciamos sempre:

Con xogos populares e degustación de castañas asadas. Resultou todo un éxito!!E tivemos bó tempo.

 

  

Guía de lectura Nadal 2022

Dende a biblioteca do CEIP Baíñas queremos agasallarvos coas nosas recomendacións lectoras para este Nadal 2022, e desexarvos que pasedes unhas:

Felices Festas !!

Pincha aquí se queres descargar a guía.

Guía de lectura verán 2022

Presentamos as nosas recomendacións lectoras para este verán 2022 dende a biblioteca do CEIP Baíñas,

Se non vedes o documento adxunto pinchade aquí. 

 

23 F DÍA DE ROSALÍA 2022

Ola, comunidade educativa do CEIP Baíñas!!

Nesta semana, ademáis do Entroido, celebramos o Día do nacemento de Rosalía de Castro, que a partir deste ano será o 23 de febreiro.

Fixemos uns vídeos recitando e cantando algúns dos seus poemas, utilizando a técnica do "Croma" ou fondo verde.

Agardamos que vos gusten, desfrutádeos! 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut