Skip to Content

Xeral biblioteca

ENTREGA DOS IX PREMIOS LITERARIOS 2024

Como xa fai nove anos cada fin de curso, o pasado 20 de xuño, fixemos entrega aos participantes e aos gañadores do IX concurso de Relatos Curtos do CEIP Baíñas.

Foi o ano con máis participación con preto dun 99%. Todo un récord!

Este certame, consistía en presentar un texto que tratase sobre algún tema da nosa contorna
Houbo un gran nivel, pero finalmente os gañadores foron...

1º Premio:

Izan Silva Pose

Pola súa obra titulada: "Mariquiña"

2º Premio:

Jimena Chao Lado,

Pola súa obra titulada: "A pantasma de Baíñas"

3º Premio:

Héctor Grille Louro,

Pola súa obra titulada: O "Vakner"

  

Parabéns a todolos/as participantes!!

GUÍA DE LECTURA VERÁN 2024


OBRADOIROS DE OLERÍA DE BUÑO

O venres día 9 de maio, tivemos conosco a Aparicio, mestre oleiro de Buño, famosa localidade da Costa da Morte, por ser unha das vilas mais famosas que traballou sempre, e ainda traballa, este oficio artesán e trata de que non se perda.

Por este motivo tivemos uns obradoiros con el. Fixemos varias pezas de barro e ensinounos como debemos traballalo.

Xa tiñamos algunha experiencia posto que fai dous anos visitamos o Ecomuseo da Olería desa localidade.

E é que se de verdade queredes aprender...

Tendes que mancharvos de barro!!

   

OBRADOIROS SOBRE A AUGA

O pasado 7 de maio tivemos uns obradoiros a cargo da Consellería e o departamento de Augas de Galicia, sobre os beneficios e os riscos da auga. Concretamente como podemos previr riscos coma as inundacións. Estiveron enfocados ao alumnado de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria.

Un tema, por desgracia cada vez máis a ter en conta nos últimos tempos, por mor de factores coma a deforestación, ou o cambio climático.

Un tema que nos conecta de chéo coa realidade do noso planeta.

   

 

SAÍDAS AO ENTORNO: CAOLÍNS DE VIMIANZO

Relacionado co noso proxecto de coñecemento da nosa contorna, o pasado xoves 30 de maio de 2024, visitamos por primeira vez, logo de moitos anos a industria mineira máis próxima ao noso Centro, xa que apenas está a catro kilómetros de distancia do noso Centro.

Fomos recibidos por Cecilia, a directora da mina e o seus compañeiros. Tamén nos agardaba Mónica, a alcaldesa de Vimianzo

Como vedes foi unha gran benvida!!

Pero o mellor estaba por vir. Primeiramente tivemos unha charla informativa sobre a mina, a extracción do caolín e os uso na industria ( na construcción, na cosmética,...). Seguidamente, puxemos o traxe de mineiro e visitamos a mina, onde observamos como extraían o mineral e o cargaban nos lagartos (camións). De volta ás instalacións fixemos manualidades con caolín e por último, como nos ensinaron, plantamos vinte árbores autóctonas para repoblar o monte que antes fora unha das canteiras onde se extraía o mineral. Pois quedounos claro que temos que ter un desenvolvemento sostible e explotar os recursos pero deixar logo o noso medio ambiente igual ou incluso mellor do que estaba.

Non queremos esquecernos de dar as grazas a Cecilia e a todo o personal encargado da explotación que nos atenderon de marabilla e ainda por riba viñemos cargados de agasallos!

Foi unha experiencia fabulosa, verdade que si?

  

 

 

LETRAS GALEGAS 2024. LUISA VILLALTA

Paras celebrar o mes das letras tivemos varias actividades:

A nivel aula traballamos sobre a vida e a obra da autora Luísa Villata.

O venres día 16 de maio o alumnado de Ed. Infantil e 1º e 2º ciclo, asistiron a unha obra teatral na Casa da Cultura do Concello sobre as nosas letras e en especial a autora homenaxeada.

Logo, cando voltaron ao Centro, os de 5º e 6º curso prepararon unha pezas populares e cantamos o Himno Galego na honra da autora, que tamén era música, ao igual que para homenaxear ao noso idioma.

Vivan as nosas LETRAS!

 

SURF NA NOSA CONTORNA

Para estrenar as saídas do mes de maio estrenámonos na praia de Arou facendo surf. E xa que tiñamos experiencia do curso pasado, esta vez saiunos a todos moito mellor!

Esta actividade estivo dirixida a Ed. Primaria e os cursos de 1º, 2º e 3º foron o luns día 7 de maio e os de 4º,5º e 6º curso foron o martes día 8.

Pero como saberedes, non só aprendemos surf, se non que aprendemos a respectar as nosas costas e recollemos lixo e peles, que por desgracia este ano chegaron a moreas!

Ademais, tamén aprendemos a escoitar o que o mar nos decía...e así aprender sobre as correntes, as mareas, cando son as mellores horas para facer surf ou saír ao mar. E por suposto a poñer o traxe de neopreno ou coidar as nosas táboas de surf.

Toda unha divertida experiencia de aprendizaxe!

DÍA DO LIBRO E DA ÁRBORE

O venres 26 de abril, co gallo do Día do Libro, tivemos unha sesión de contacontos co actor Yago Espasandín con temáticas coma a natureza ou a nosa contorna. 

Ao final, para celebrar o día da árbore plantamos un castiñeiro ao que lle adicamos unha mensaxe máxica para que medrase moi san e forte!

 

 

 

 

OBRADOIROS DE ROBÓTICA, PROGRAMACIÓN E ACTIVIDADES STEAM

O pasado 25 de abril tivemos no Centro uns obradoiros de robótica, programación e actividades STEAM.

Fomentando as novas tecnoloxías dende programas como Bibliotecas creativas, e coa colaboración do equipo de Almudena Alonso, mestra especialista organizamos uns obradoiros tendo tamén en conta as idades do alumnado e o resto dos proxectos e programas no Centro

O alumnado de Ed. Infantil e 1º de primaria construíron un robot artista!

O alumnado de 2º 3º e 4º de primaria aprenderon a programar cos escornabots e convertirse en "Piratas medioambientais" para limpar os nosos océanos de plásticos!

O alumnado de 5º e de 6º desenvolveron unha programación tipo "sratch" na plataforma gratuíta de "Visualino", foi fenómeno programar o robot vixía!

Aprendemos moito e pasámolo fenomenal!



 

 

 

 

 

ENQUISAS BIBLIOTECA ESCOLAR CURSO 2023-24

A/A da comunidade educativa:

Co fin de avaliar os resultados do funcionamento da nosa biblioteca escolar pedímoslles que cubran unha pequena enquisa co fin de mellorar este servizo e atender mellor aos usuarios da mesma. 

A enquisa estará aberta toda esta semana ata o vindeio luns día 3 de xuño, inclusive. 

Cada membro da comunidade educativa terá que cubrila no apartado correspondente, por favor rogamos que a persoa que a cubra unha vez non volva a cubrila de novo.

Moitísimas grazas pola súa colaboración.

Atentamente,

O equipo de Biblioteca do CEIP BAÍÑAS.

 

Enquisa para o alumnado

 

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSf-dw0hpcr9GghqOxHytPIwuz3JRE7u...

 

Enquisa para o profesorado

 

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfMDBfI-q87FBQp6yDKkxnqRzbQ0mCN...

 

Enquisa para as familias (Pais/Nais/Titores/as...)

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdOFEu2ma9-4nf1ZTFxeGCEoQ1CDwhe...

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut