Skip to Content

Maio 2021

23 de Abril, Día do Libro

Na semana do 19 ao 23 de abril celebramos o Día do Libro infantil e xuvenil compartindo novas lecturas relacionadas coa natureza e o medio ambiente,

e tamén tivemos a visita do escritor e ecoloxista Anxo Moure, que realizou unhas sesións de contacontos presencial, cumprindo con todas as medidas do protocolo COVID,

Unha parte realizouse no salón de actos e a outra nos xardíns do colexio, onde entre outras moitas cousas, nos falou do amor que lles ten ás árbores.

    

 

 

Marzo, mes da Poesía

Durante o mes de marzo, celebramos o mes da POESÍA coa proposta: "A poesía non morde, colle unha!"

Foi unha actividade que gustou moito ao alumnado, e consistiu en deixar poemas por distintas partes do colexio e deste xeito animar á lectura.

Lemos poemas tanto en galego coma en castelán, de poetas e poetisas de renombre: Rosalía, Cunqueiro, Curros Enríquez, Celso emilio Ferreiro, Manuel María, Gloria Fuertes, Federico García Lorca, Bécquer,...

entre outros.

    

    

 

 

8 de Marzo, Día Internacional da Muller

O pasado día 8 de marzo conmemoramos o Día Internacional da Muller. Nesta ocasión e tendo en conta que estabamos a crear conciencia medioambiental celebrámolo coñecendo e lembrando a aquelas mulleres que tiveron un papel relevante tanto na defensa da natureza coma na conservación do medio ambiente: Dian Fossey, Jane Goodall, Greta Thunberg,...

Fixémolo a nivel aula coa elaboración de pequenos murais, biografías e tamén utilizando a impresora 3D, onde imprimimos uns medallóns alusivos a estas grandes mulleres e outros co gallo do Día de Rosalía de Castro.

             

              



by Dr. Radut