Coordinación + Normalización + Orientación + Tic

E CHEGOU A SAMAÍN!!!!

 

E CHEGOU O SAMAÍN!!

Vaia semana máis intensa...!!!
Como o venres celebrabamos o
SAMAÍN, Ao longo deses días fixemos actividades interactivas, debuxamos e recortamos cabazas para o mural grande do recibidor do cole  e decoramos a clase.

Tamén fomos traendo as nosas cabazas decoradas facendo referencia ao 50º aniversario da escola. Había unha chea delas, TODAS CHULÍSIMAS!!!

Ademais, o venres puidemos vir disfrazados. Mirade que guapxs saímos na foto!!!!!

 

 

Equipo das...

TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E A COMUNICACIÓN (TIC)

OBXECTIVOS XERAIS:
        A CURTO PRAZO
- Fomentar a páxina web do centro como espazo de comunicación e de colaboración con toda a comunidade educativa.
- Coordinar a acción do profesorado de distintas áreas e materias en relación ao traballo coas TIC.
- Facilitar o acceso a esta ferramenta por parte do alumnado con necesidades especiais de apoio educativo e nas tarefas de apoio e reforzo de aprendizaxes.
- Potenciar a capacidade de razoamento do alumnado, a súa motivación e o seu afán de coñecemento.
- Fornecer ao alumnado estratexias para obter e xestionar a información conseguida mediante o uso das TIC.
- Favorecer a superación das limitacións de acceso ás TIC derivadas das desigualdades sociais.

A MEDIO / LONGO PRAZO
- Impulsar a comunicación con outros centros e localidades, para coñecer e transmitir valores sociais e de respecto doutros costumes e outras formas de vida.
- Utilizar programas e contornos que faciliten a consecución dos obxectivos propostos nas diferentes áreas do currículo.
- Utilizar o ordenador como medio de creación, de integración, de cooperación e de expresión das propias ideas.
- Potenciar a comunicación cos seus iguais.
- Mellorar a proposta pedagóxica do profesorado e a súa práctica docente ao aproveitar as posibilidades que ofrecen as TIC.
- Empregar as TIC para o traballo cotián e nas actividades de aula: programacións, proxectos, explicacións, actividades...
- Consultar e obter información a través das TIC, tanto para temas profesionais como para experiencias interesantes para a súa actividade docente.
- Intercambiar experiencias, coñecementos, iniciativas... en diversas redes de colaboración como a internet.
- Lograr a integración das TIC como medio dinámico de comunicación, de maneira que se constitúan nun elemento común de información e de contacto con todos os axentes do proceso educativo, facilitando a conexión entre eles.
- A través das asociacións de nais e de pais dos centros, poñer en marcha mecanismos para aproveitar a infraestrutura tecnolóxica e favorecer a adquisición por parte de nais e pais dos coñecementos necesarios para un uso proveitoso das TIC.
- Conseguir que o alumnado, ao rematar a escolarización obrigatoria, acade unha competencia dixital.

Lingüística...

 Blogue do Equipo de Normalización lingüística

http://enredemosapedra.blogspot.com.es/  

Enredemos-Blog N. Lingüística

 

PREMIO da Cosellería de EDUCACIÓN ao noso proxecto de NORMALIZACIÓN:
A Consellería de Educación ven a recoñecer a labor das nosas propóstas educativas no eido la Normalización Lingüística cun premio que nos presenta na vangarda do compromiso coa nosa lingua. 
 

      Ao inicio do curso quedou constituido o equipo de E.N.L. estando integrado cos seguintes membros:


Obxectivo xeral:

• Garantir a igualdade de competencia lingüística en galego e en castelán como linguas oficiais de Galicia e favorecer a normalización do galego na vida diaria do centro por parte de toda a comunidade educativa, tanto nas aulas como fóra delas.

Obxectivos específicos:

• Fomentar o coñecemento e utilización correcta e apropiada da lingua galega tanto oralmente como por escrito, empregandoa como a lingua vehicular e de aprendizaxe en todos os ámbitos: relacional, administrativo, de comunicación e de ensinanza aprendizaxe.
• Conseguir un dominio oral e escrito da lingua castelá que permita ao alumnado utilizala apropiadamente como fonte de información e vehículo de expresión, e poder relacionarse en ámbitos castelan parlantes.
• Comprender e expresar en lingua estranxeira -inglés- mensaxes sinxelos dentro dun contexto.
• Adquirir os coñecementos prescritos e a competencia lingúística adecuada en galego e en castelán ao final da etapa de Educación Primaria para ter un dominio paritario de ambas linguas.
• Desenvolver as capacidades expresivas e comunicativas dos alumnos e alumnas para ser interlocutores activos e receptores de información, críticos, e por tanto, libres; buscar recursos e estratexias para despertar o gusto pola lectura, tanto en galego como en castelán e inglés

Actividades:

a) Samaín e magosto.
b) Millo corvo.
c) Lectura de libros en galego.
d) Encontros cos autores e autoras en galego.
e) Elaborar libros con experiencias recollidas polo noso alumnado.
f) Revista escolar.
g) Correlingua 
h) Ciclo de actividades polas Letras Galegas.

 

 

 

 

 

 

 

 

Departamento de...

DE ORIENTACIÓN

 A LOXSE, no seu artigo 2º.3 establece que a actividade educativa se desenvolverá atendendo, entre outros principios, ó de atención psicopedagóxica e orientación educativa e profesional.

 O Decreto 120/1998 (DOG 23-4-98), polo que se regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia establece que os departamentos de orientación constituirán, dentro de cada centro, o garante de que a orientación forma parte esencial da actividade educativa e de que se establece unha vía de asesoramento permanente ó profesorado e ás familias.

a) A xefa do departamento de orientación:
      Dona Mª DEL CARMEN CAZORRO PÉREZ
b) A profesora de Pedagoxía terapéutica: 
      Dona Mª LINA GARCÍA PORTO
c) A profesora de Audición e Linguaxe: 
      Dona ÁNGELES RODÍGUEZ GERMADE 

A Orde do 24 de xullo de 1998 (DOG do 31-7-1998), pola que se establece a organización e funcionamento da orientación educativa di que son competencia do Dpto. de Orientación:

a. Valora-las necesidades educativas dos alumnos/as e deseñar, desenvolver e avaliar programas específicos de intervención.

 b. Elaborar, de acordo coas directrices establecidas pola comisión de coordinación pedagóxica, as propostas do plan de orientación e do plan de acción titorial, incidindo no desenvolvemento persoal, social e cognitivo do alumnado e ofrecerlle ó profesorado soporte técnico para o desenvolvemento destes plans.

 c. Participar na elaboración, seguimento e avaliación dos proxectos educativo e curricular do centro, incidindo nos criterios de carácter organizativo e pedagóxico para a atención ó alumnado con necesidades educativas especiais e nos principios de avaliación formativa e, cando cumpra, na adecuación dos criterios de promoción.

 d. Deseñar acción encamiñadas á atención temperá e á prevención de dificultades ou problemas de desenvolvemento ou de aprendizaxe derivadas tanto de condicións desfavorables como de altas capacidades que presenten os alumnos/as.

 e. Participar na avaliación psicopedagóxica conforme a normativa ó respecto e participar no deseño e desenvolvemento de medidas de atención á diversidade.

 f.  Facilitarlle á comunidade educativa os apoios e o asesoramento necesarios para que o alumnado  poida enfrontar adecuadamente os momentos escolares máis decisivos ou de maior dificultade, como o ingreso no centro, o cambio de ciclo ou etapa e a resolución de conflictos de relación interpersoal.

 g. Cooperar cos membros dos equipos de orientación específicos no deseño, desenvolvemento e avaliación de programas de intervención.

 h. Impulsa-la participación do profesorado en programas de investigación e innovación educativa nos ámbitos relativos a hábitos de traballo intelectual, programas de ensinar a pensar, habilidades sociais, técnicas de dinámica de grupos ou en calquera outro relacionado co seu ámbito de actuación.

 i.   Promove-la cooperación entre o centro e as familias, implicándoas no proceso educativo dos seus fillos.

 j.   Establecer canles de comunicación cos diferentes servicios ou institucións no ámbito das súas competencias.

Comisión de...

COORDINACIÓN PEDAGÓXICA

 
Comisión de coordinación pedagóxica. (Orde do 22-7-1997 - DOG 2/9/97)
2.1.- A composición, a organización e as campetencias da comisión de coordinación pedagóxica son as que se establecen nos artigos 61 e 62, capítulo II, título III, do Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria.
2.2. A comisión de coordinación pedagóxica reunirase cunha periodicidade mensual e realizará unha sesión extraordinaria ó comezo do curso e outra ó finalizar este, así como cantas outras se consideren necesarias. As actividades que se van realizar pola comisión de coordinación pedagóxica incluiranse na programación xeral anual.
2.3. A comisión de coordinación pedagóxica deseñará as directrices xerais para a elaboración e revisión do proxecto curricular, así como o calendario de actuacións.
Título III, capítulo II (Decreto 34/1996 - DOG 21-10-96)
Comisión de coordinación pedagóxica:
Artigo 61°
A comisión de coordinación pedagóxica estará integrada polo director, como presidente; nos centros onde exista, o xefe de estudios; os coordinadores de ciclo; o profesor de apoio á atención de alumnos con necesidades educativas especiais e o coordinador do equipo de normalización lingüística; actuará como secretario un membro da comisión, designado polo director, oídos os restantes membros.
Artigo 62°
A comisión de coordinación pedagóxica terá, en relación co réxime de funcionamento regulado no título IV deste regulamento, as seguintes competencias:
a) Elevar propostas ó claustro co fin de establece-los criterios para a elaboración dos proxectos curriculares.
b) Velar para que a elaboración dos proxectos curriculares de etapa e o plan de acción titorial se realice conforme os criterios establecidos polo claustro.
c) Asegura-la coherencia entre o proxecto educativo do centro, os proxectos curriculares de etapa e a programación xeral anual.
d) Establece-las directrices xerais para a elaboración das programacións didácticas dos equipos de ciclo e do plan de acción titorial, así como das adaptacións curriculares e dos programas de diversificación curricular incluidos no proxecto curricular.
e) Propoñer ó claustro de profesores os proxectos curriculares para a súa aprobación.
f) Velar polo cumprimento e posterior avaliación dos proxectos curriculares de etapa.
g) Canaliza-las necesidades de formación do profesorado cara ó centro de Formación Continuada do Profesorado.
h) Realizar, de se-lo caso, a proposta ó xefe de estudios co fin de que se designe o responsable do equipo de actividades complementarias e extraescolares.
i) Propoñe-los profesores que han de formar parte do equipo de normalización lingüística.

Distribuir contido