Tic
Equipo das...
Enviado por admin o Mar, 27/04/2010 - 08:00TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E A COMUNICACIÓN (TIC)
OBXECTIVOS XERAIS:
A CURTO PRAZO
- Fomentar a páxina web do centro como espazo de comunicación e de colaboración con toda a comunidade educativa.
- Coordinar a acción do profesorado de distintas áreas e materias en relación ao traballo coas TIC.
- Facilitar o acceso a esta ferramenta por parte do alumnado con necesidades especiais de apoio educativo e nas tarefas de apoio e reforzo de aprendizaxes.
- Potenciar a capacidade de razoamento do alumnado, a súa motivación e o seu afán de coñecemento.
- Fornecer ao alumnado estratexias para obter e xestionar a información conseguida mediante o uso das TIC.
- Favorecer a superación das limitacións de acceso ás TIC derivadas das desigualdades sociais.
A MEDIO / LONGO PRAZO
- Impulsar a comunicación con outros centros e localidades, para coñecer e transmitir valores sociais e de respecto doutros costumes e outras formas de vida.
- Utilizar programas e contornos que faciliten a consecución dos obxectivos propostos nas diferentes áreas do currículo.
- Utilizar o ordenador como medio de creación, de integración, de cooperación e de expresión das propias ideas.
- Potenciar a comunicación cos seus iguais.
- Mellorar a proposta pedagóxica do profesorado e a súa práctica docente ao aproveitar as posibilidades que ofrecen as TIC.
- Empregar as TIC para o traballo cotián e nas actividades de aula: programacións, proxectos, explicacións, actividades...
- Consultar e obter información a través das TIC, tanto para temas profesionais como para experiencias interesantes para a súa actividade docente.
- Intercambiar experiencias, coñecementos, iniciativas... en diversas redes de colaboración como a internet.
- Lograr a integración das TIC como medio dinámico de comunicación, de maneira que se constitúan nun elemento común de información e de contacto con todos os axentes do proceso educativo, facilitando a conexión entre eles.
- A través das asociacións de nais e de pais dos centros, poñer en marcha mecanismos para aproveitar a infraestrutura tecnolóxica e favorecer a adquisición por parte de nais e pais dos coñecementos necesarios para un uso proveitoso das TIC.
- Conseguir que o alumnado, ao rematar a escolarización obrigatoria, acade unha competencia dixital.