DÍA DO LIBRO

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO CON ANXO GONZÁLEZ GUERRA, O AVÓ DE ALDÁN

 CELEBRAMOS O DÍA  MUNDIAL DO LIBRO

CON ANXO GONZÁLEZ GUERRA, O AVÓ DE ALDÁN!!!

E como colofón a un día do máis intenso, tivemos a fortuna de gozar da sabedoría popular da nosa tradición oral da man de Anxo González Guerra.

Que delicia, poder escoitar dunha voz tan tenra e amable as historias antigamente se contaban nas casas a carón da lareira!!

Contounos tres fermosos contos nos que os seus personaxes vivían acontecementos da vida cotiá que transmitían con claridade importantes reflexións que perfectamente nos valen hoxe en día:

·     O valor da independencia que nos dá a lectura, que nos permite buscar información cando o necesitemos.

·     A importancia dicir a verdade cando se conta algo e non crear falsas noticias.

·     O valor de cumprir a palabra dada, porque para relacionarnos con outras persoas é necesario que confíen en nós.

QUE SORTE, TER UN AVÓ QUE CONTA HISTORIAS TAN SABIAS, CON TANTA MESTRÍA E DELICADEZA QUE RESULTAN DOADAS DE COMPRENDER!!

QUE SORTE TEMOS!!!!

Ah!! Admais, agasallounos cunha tarxeta do “LUAR” (o programa da TVG dos venres pola noite) dedicada!!! E díxonos que o venres da semana que vén, cando vaia contar contos ao programa, vaille dicir a GALLOSO, o presentador, que envíe un saúdo para a rapazada do colexio da Pedra!!!

 

MOITAS GRAZAS, DE CORAZÓN,

FOI UN ENORME PRACER CELEBRAR ASÍ O DÍA MUNDIAL DO LIBRO!!

 

Distribuir contido