APRENDEMOS NOVAS CURIOSIDADES SOBRE O PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS
APRENDEMOS MÁIS CURIOSIDADES
DO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS
Onte recibimos unha vista moi interesante e agradable. Viñeron ao cole Ana e Suso, biólogos e guías do PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS.
Igual que nos sucedera cando estabamos en 1º, encantounos a actividade. Explicáronnos que illas forman o Parque Nacional Das Illas Atlánticas; exactamente, o arquipélagos das Illas Cíes, o arquipélago das Illas Ons, a Illa de Sálvora e a de Cortegada todas elas moi diferentes entre si.
Tamén nos falaron dalgunhas das especies animais e vexetais que teñen alí o seu hábitat.
Martiño, o corvo mariño, constrúe o seu niño nos cantís; mentres que as cobras e outros réptiles prefiren camuflarse nas matogueiras de toxos e os caracois de duna prefiren facelo na area da praia.
Aqueles que viven todo tempo no mar, como as algas; os peixes como o rodaballo, o linguado e a raia; os crustáceos como as centolas e os caranguexos; os equinodermos como os ourizos... escollen zonas distintas para acubillarse. Uns prefiren a area e outros, as rochas.
Despois da charla explicativa, fixemos un xogo moi divertido para comprobar o que aprenderamos. Tiñamos que pescar algunhas destas especies e colocalas na parte do mural correspondente ao seu fogar.
Para rematar, lembráronnos que debemos ser moi coidadosxs e poñer moita atención cando camiñemos por entornas naturais. Se nos fixamos ben, poderemos descubrir o “rastro de animais” que habitan o lugar. Para demostrárnolo, trouxeron algúns que atoparon nas illas. Resultou do máis sorprendente!!! Amosáronnos plumas de gaivota, os restos dun ovo de raia, o dente dun ourizo de mar e, o máis alucinante, a “camisa” dunha cobra!!!
Lembráronnos tamén o importante que é coidar a Natureza porque é o noso fogar e mais o de todos estes seres vivos. DEBEMOS GARDALA COMO UN TESOURO, CON TODO O MIMO POSIBLE!!!
REMATAMOS A SESIÓN CUN APLAUSO ENTUSIASTA!!!
MOITAS GRAZAS, ANA E SUSO!!!
ENCÁNTANOS TODO O QUE NOS ENSINADES!!
AGARDÁMOSVOS O CURSO VINDEIRO!!
PREMEDE NA IMAXE PARA VER O VÍDEO.