AS PERSOAS SOMOS DIVERSAS
AS PERSOAS SOMOS DIVERSAS;
POR ISO, OS NOSOS SENTIMENTOS TAMÉN O SON.
Rematamos o mes de febreiro con grandes acontecementos como a celebración do Entroido e as homenaxes a Rosalía de Castro.
Pero estas non foron as únicas actividades importantes nas que participamos.
A profe Cris preparou para nós un proxecto sobre DIVERSIDADE SEXOXENÉRICAmoi interesante co que aprendemos algo moi importante que pensabamos que xa sabiamos: AS PERSOAS SOMOS DIFERENTES E TODAS TEMOS O MESMO DEREITO A SER FELICES.
Do mesmo xeito que unhas somos morenas, outras loiras; unhas altas, outras baixas, unhas tímidas e outras extravertidas; tamén son distintos os nosos gustos e os nosos sentimentos. E TODOS SON IGUAL DE RESPECTABLES!!
Aprendemos que hai persoas que non se senten identificadas co xénero que lles atribuíron cando naceron (son as persoas transxénero); hai outras que non se senten identificadas con nigún sexo, nin masculino nin feminino.
Ademais das distintas identidades de xénero, tamén aprendemos que hai distintas formas de namorarse.
Hai persoas que se namoran doutra do xénero contrario (son mulleres e homes heterosexuais), persoas que se namoran doutras do seu mesmo xénero (son homes homosexuais e mulleres lesbianas) e tamén as hai que se poden namorar de persoas dos dous xéneros (son bisexuais).
Por esta razón, sabemos que hai familias que teñen dúas mamás, dous papás ou unha mamá e un papá. E TODAS TEÑEN O MESMO DEREITO A QUERERSE E A SER FELICES!!
Para desenvolver este proxecto, a profe Cris empregou varias sesións ao longo de todo o mes. Púxonos unha presentación con diapositivas no taboleiro dixital, fixemos xogos, vimos unha curtametraxe e escribimos e debuxamos para compoñer as páxinas dun libro.
FOI MOI INTERESANTE E DIVERTIDO!!!
APRENDEMOS QUE CADAQUÉN TEN DEREITO A SER QUEN É
E A NAMORAR DE QUEN QUEIRA!!!
MOITAS GRAZAS PROFE CRIS!!
QUERÉMOSTE MOITO!!!