ENTREVISTAS 3ºB

 

Dentro da celebración do 50 aniversario da fundación do noso centro, esta semana tivemos o pracer de escoitar a varios exalumnxs. Empezamos o mércores con Lara. Foi moi emotivo volver a vela porque somos moitas mestras que a lembramos con agarimo. Aquela nena responsable e tan boa rapaza. Grazas Lara pola túa visita! 

 Continuamos con outra bonita entrevista, esta vez é a quenda da nosa compañeira Ami. Exalumna do noso centro e filla do gran mestre Don Manuel. Foi unha ledicia escoitala falar da súa infancia, dos seus inicios como mestra, porén lembrar ao seu pai e ver esa gran admiración non hai palabras! Grazas Ami por esta gran entrevista e deixarnos coñecerte un pouquiño máis!

Por outra banda, dentro do noso proxecto de Bueu e despois de facer a visita ao Concello, xurdíu a posibilidade de facer unha entrevista aos concelleirxs Silvia Carballo e Martín Villanueva, exalumnxs do centro. Este venres foi a súa quenda, volveron pisar as nosas instalacións para lembrar anécdotas dos seus anos como estudantes do noso centro. 

 

O alcalde Félix Juncal, tiña previsto asistir tamén pero finalmente non puido por estar enfermo. O esperamos a vindeira semana.

Grazas a todxs por volver a ser nenxs!

Aquí tendes o resultado, esparamos que vos guste!