MEDRAMOS XUNTOS CANDO NOS ESFORZAMOS POR CELEBRAR A PAZ CADA DÍA
Hoxe, domingo, 30 de xaneiro, celébrase en todo o mundo O DÍA DA PAZ. Por iso, o pasado venres xuntámonos no patio grande dos maiores, por primeira vez neste curso, para festexar ESTE DÍA TAN IMPORTANTE.
Xa levabamos un tempo traballando o tema na clase, desde que a profe Ángeles nos falou do BANCO DA AMIZADE.
As profes explicáronnos por que se celebra ese día, quen foi MAHATMA GANDHI e que demostrou que é posible defenderse sen usar a violencia.
Tamén nos contaron que JONH LENNON,compositor e cantante dun grupo famosísimo chamado THE BEATLES, creou cancións moi fermosas en favor da paz no mundo como “IMAGINE” ou “GIVE PEACE A CHANCE” e , igual ca MAHATMA GANDHI, tamén foi asasinado.
Seguindo o seu ronsel puxemos o noso granciño de area na redacción dun MANIFESTO que compuxemos entre todas as clases cun LEMA EN DEFENSA DA PAZ.
Con eses lemas tratamos de explicar que podemos facer cadaquén de nós para que haxa PAZ no mundo e arredor de nós. Pequenos xestos que fagan felices a aquelxs que nos rodean, como cando escoitamos a unha persoa que se sinte soa ou cando axudamos a alguén a resolver un problema ou cando convidamos a xogar a alguén que se sinte triste ou cando ofrecemos a nosa amizade como o mellor dos agasallos... PEQUENOS XESTOS COS QUE MEDRAMOS XUNTXS....
1º A: “MEDRAMOS XUNTXS CANDO OFRECEMOS A NOSA AMIZADE”
1º B: “ MEDRAMOS XUNTXS CANDO ESCOITAMOS”
Ademais, preparamos un bonito deseño para o MURAL DA PAZ que montou A PROFE GELI no recibidor do cole.
Cando nos xuntamos no patio grande,atabiadxs coas coroas, aneis e pulseiras da Paz, lemos o noso lema e cantamos “IMAGINE”, de Jonh Lennon e “A RUMBA DAS APERTAS”, de Magín Blanco.
COMPROMETÉMONOS
A LEMBRAR SEMPRE QUE
DEBEMOS ESFORZARNOS POR
CELEBRAR A PAZ CADA DÍA!!!