E CHEGOU O NADAL!!!
E CHEGOU O NADAL!!!!!
Que ledicia!!!! Por fin chegou o 21 de decembro e, como xa viñamos comentando cada día na clase, sucederon dúas cousas ben importantes:
o Cambiamos de estación; rematou o outono e comezou o inverno
o E chegaron as ansiadas FESTAS de NADAL!!!
E para celebralo, tivemos unha mañá chea de diversión!!!
De feito, xa comezamos a xornada con sorpresas porque, despois de facer as rutinas de primeira hora, petou na nosa porta UNHA PARELLA DE PAXES DOS REIS MAGOS que nos viñan preguntar se alguén de nós esquecera enviar a carta Ás Súas Maxestades e se queriamos aproveitar para entregárllela a elxs. Ademais, agasalláronnos unha bolsiña de larpeiradas para tomar coa merenda!! QUE SORTE...!!!
E despois desta visita tan emocionante, puxémonos mans á plastilina para crear animaliños (porquiños, ovellas, pitiños, parrulos, cisnes, cans, mesmo unha serpe...), árbores, flores, bonecos de neve, algunha que outra persoa...para a paisaxe de Nadal que todxs xs nenxs de 1º e 2º compuxemos en común; iso si, cadaquén na súa aula, que, con isto da COVID... xa sabedes...!! O RESULTADO FOI ESPECTACULAR!!!
A merenda foi do máis lambona..!!! CHOCOLATE E LAMBETADAS DE TODA CLASE...!!!
Logo, baixamos ao patio e, despois do recreo, outras dúas sorpresas máis:
A PROFE LINA VEUNOS CONTAR A HISTORIA DO APALPADOR!!!
Trouxo unha especie de “teatriño de madeira” moi raro no que, a medida que lía, ía cambiando de lámina; era chulísimo!!! Explicounos que se chama “KAMISHIBAI”, que é xaponés e que o seu nome significa “teatriño de papel”.ENCANTOUNOS!!! MOITAS GRAZAS, PROFE LINA!!!
Xa para rematar, baixamos ao patio grande (o dxs maiores) a cantar a panxoliña de KÓKITI MÚSICA titulada “XA SINTO O NADAL!”que aprendemos na clase.
ROSA LOURO, a profe de lingua de signos, ensinounos un anaquiño e grabounos. A ver se vos gusta o vídeo!!! PREMEDE NA IMAXE PARA VELO.
MOITAS GRAZAS, ROSA!!!
Marchamos para a casa, coas fichas que fixemos durante este trimestre, MOI ORGULLOSXS DO NOSO TRABALLO!!!
MOI BO NADAL A TODXS!!!