Dando nova vida aos residuos
Hoxe veu visitarnos Manolo, de PONTE A ZERO, para concienciarnos sobre a importancia das 3 R: Reducir, Reutilizar e Reciclar.
Deunos ideas dalgunhas actividades que podemos realizar na nosa casa con material reutilizable como poden ser un teléfono con dous botes de plástico e un fío, decoracións de polispán para o Nadal ou calquera festividade, un amplificador de volume para o móbil…
Despois, realizamos unha manualidade con caixas de galletas e un par de gomas. Unha maneira moi divertida de dar nova vida a eses materiais que se ían a desbotar, iso si, cada un no seu contedor para reciclar.