O pasado martes 31 de outubro, despois do "SAMAIN", tivemos a celebración da "10ª FESTA DA FROITA AUTÓCTONA" e o "MAGOSTO".
Nesta ocasión mesturamos a tradición da froita e a modernidade da robótica.
Cada grupo de alumnos, dende infantil ata sexto de primaria, traballou unha froita e realizou unha pequena actuación.
Posteriormente procedimos a entrega dos premios as mellores cestas do 10 concurso de "cestas de froitas autóctonas" e os diplomas a todos os participantes. Temos que dar as grazas aos da Asociación AGFA, pola súa colaboración.
Despois procedimos a entrega dos agasallos a todos os participantes na expectacular "exposición de cabazas robóticas", presentadas polo alumnado do centro. Estes agasallos foron entregados por dous representates do Concello de Pontedeume e un representante do ANPA do centro.
Rematamos coa típica degustación dos doces elaborados polas familias e por suposto das castañas do magosto asadas polos membros da asociación AGFA.
Moitísimas grazas a todos ( alumnos, mestres, familias, AGFA, ANPA e Concello) pola vosa colaboración e axuda, sen vos isto non sería posible.
Tedes as fotos e os vídeos nas súas respectivas galerías. Tamén podedes acceder dende os seguintes enlaces:
Deixámosvos cunha pequena presentación da xornada.
O pasado martes 31 de outubro, celebramos no centro a festa do "SAMAIN". Nesta ocasión o alumnado de sexto, contounos a hsitoria desta celebración tan típica de Galicia.
A continuación procedimos a entrega dos premios aos mellores "contos de medo" e aos diplomas para todos os participantes. Noraboa a todos polos vosos traballos.
Finalizamos coa lectura dos contos gañadores.
Tedes as fotos e os vídeos nas súas respectivas galerías. Tamén podedes consultalos nos seguintes enlaces.
Coma sempre deixámosvos cunha pequena presentación da xornada.
O 17 de maio, celébrase o "Día das letras galegas", este ano adicadas a "Carlos Casares". No CEIP Plurilingüe de Andrade comezamos coas celebracións o mércores 16. O alumnado de 5º e 6º elaboraron unha presentación coa vida e obra do autor homenaxeado.
Tamén cantamos a canción "Chea de vida" de "Gaudi Gaelgo" e rematamos cantando o "Himno de Galicia".
O xoves 18 continuamos coas celebracións, nesta ocasión presentamos o comic "Comic san de Andrade", elaborado por todo o alumnado do centro. O comic foi eleborado en torno ao PDI do centro "HABITOS SAUDABLES".
O venres 23 de xuño, o alumnado de 5º e 6º de primaria, representou "AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS", obra de Carlos Casares. Tedes as fotos na galería de fotos: "AS LARANXAS MÁIS LARANXAS"
Tedes as fotos e os vídeos nas súas respectivas galerías. FOTOS VÍDEOS
Este ano, coma en anos anteriores, no cole, celebramos os maios. Nesta ocasión creamos un palleiro e unha alfombra floral.
A alfombra elaborámola, con motivos relacionados coa obra de Carlos Casares, escritor galego, a quen se lle dedica este ano o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
O alumnado de infantil encargáronse de decorar "A galiña azul".
Os de primeiro realizaron "A formiga esquiadora".
O alumnado de segundo "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas".
Os de terceiro "O Galo de Antioquía".
O alumnado de cuarto, quinto e sexto encargáronse de rematar o resto da alfombra e de decorar "O palleiro".
Tedes as fotos e os vídeos nas galerías correspondentes: FOTOS VÍDEOS
Deixámosvos cunha pequena presentación da xornada.
Este ano, no CEIP Plurilingüe de Andrade, celebramos o "Día de Rosalía de Castro" (24 de febreiro). Para esta ocasión, seguindo as directrices da AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega), pedimos ao noso alumnado que gravase a unha persoa maior ( pai, nai, tía, tío, avó, avoa ou veciño/a) lendo un poema de Rosalía.
O pasado venres 7 de abril, presentamos os vídeos ao alumnado do centro. As fotos da xornada podedes atopalas na galería de fotos ou no seguinte enlace: fotos Rosalía
Dende o equipo de dinamización da Lingua Galega do centro, queremos agradecer as familias a súa participación e colaboración na gravación destes vídeos.
A continuación podedes disfrutar do resultado.
O pasado venres 24 de febreiro celebramos no cole o festival do Entroido. Este ano os nosos mecos viaxaron por todo o mundo, recollendo as tradicións dalguns dos paises máis importantes polos que pasaron. O noso alumnado recolleu esas tradicións e representounas e fermosos bailes que representaron no festival.
Despois das actuacións o alumnado e as súas familias degustaron as larpeiradas feitas polos nenos e as súas familias.
Rematamos coa exhibición dos zancudos aportados polo Concello de Pontedeume.
Tedes as fotos e vídeos nas súas respectivas galerias. FOTOS VÍDEOS.
Coma sempre rematamos cunha pequena presentación das actuacións.
Esta obra foi representada por representantes de todos os cursos, dende os máis pequeniños de 3 anos ata os de 6º de primaria.
Este ano celebramos no centro un "NADAL EN VALORES". cada grupo de alumnos traballou sobre un valor:
Ao rematar as actuacións o alumnado recibiu unha visita moi especial: os paxes dos reis magos, que repartiron ca
FELICES FESTAS.
Coma sempre tedes as imaxes e os vídeos nas súas respectivas galerías, podedes acceder dende os seguintes enlaces: FOTOS VÍDEOS
Deixámosvos cunha pequena presentacióndas diferentes actuacións.