Os vindeiros luns 11 e 18 de marzo, entre as 16:30 e as 18:30, todas as nais, pais e familias que estedes interesados en matricular aos vosos fillos e fillas no noso centro para o vindeiro curso escolar, teredes a oportunidade de coñecer o centro.
Para unha optima organización, os que estedes interesados concertade a visita no teléfono 881 866 004 (preguntar por Ramón, coordinador de educación infantil).
En conmemoración do DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA, que se celebrou o 11 de febreiro, unha nai que se adica profesionalmente á Ciencia na Universidade de Santiago, veu á escola para falarlles aos nenos e nenas de 6º de infantil de Ciencia, de científicas e de que as nenas poden ser o que queiran, xa que non hai profesións de homes ou mulleres.
A intención desta charla foi darlle visibilidade á labor das científicas e fomentar esta vocación nas nenas.
"Velemos por que cada nena, en calqueira parte do mundo, teña a oportunidade de acadar os seus soños, medrar dacordo ao seu su potencial e contribuir a un futuro sostible para todos".
En breve está prevista unha nova saída didáctica, esta vez cunha temática distinta, para que así os nosos alumnos e alumnas acudan ao logo da Educación Primaria, a distintos tipos de espectáculos, que resulten deste xeito máis motivadores e enriquecedores para a súa formación, non só artística, senón tamén como persoas.
Por motivos técnicos, non demos subido antes esta felicitación dixital coas postais elaboradas polos nenos. ...pero sempre chegan a tempo para desexarvos a todos un feliz e próspero ano 2019!
Os Equipos de Normalización Linguística e de Dinamización da Biblioteca colaboraron na organización deste MERCADILLO SOLIDARIOno Nadal. Fíxose un intercambio de libros, usados pero en bo estado, por xoguetes que foron entregados para a Oficina de Voluntariado do Concello de Ames.
Os libros foron donados pola Biblioteca do centro e polas aulas eempaquetados en primaria polos profes e os rapaces que colaboran na Biblioteca. Colocáronse dous postos de intercambio, en primaria e en infantil, que foron todo un éxito.
Moitas gracias a todos polos xoguetes entregados que de seguro serviron para alegrar a moitos rapaces!.
O venres 14 de decembro os alumnos de 4 anos foron coñecer o Museo Granell... e gañaron un concurso!. (Para ver toda a visita premede AQUÍ no blog de 5ºC)
Aproveitando o reciclaxe que traballaron durante este trimestre cada grupo fixo unha escultura que presentaron ao XV Certamen de Arte Escolar de Eugenio Granell.
A exposición atópase na Fundación e pasará a formar parte dos fondos da misma. Podedes visitala ata o 13 de xaneiro.
Pero a sorpresa mais grande que levaron foi que a escultura "nenos esperando nun banco" de5ºC foi a GAÑADORA DO CONCURSOno apartado de "grupos escolares de 3-5 anos". A profe Rosana foi recoller o premio cedido por Tórculo consistente en varias impresións de axendas, libro, láminas de Eugenio Granell ademais de pinturas. PARABÉNS!
Os alumnosealumnas de Relixiónde infantil e de primaria, coordinados polas profes, prepararon o Nadal durante o mes de decembro. Fixeron Beléns en distintos formatos: pintando, recortando, con plastilina, en cofres... Fixeron árbores empregando corchos, reciclaron e fixeron Beléns, decoraron a porta da aula e ambientaron o espazo para a exposición dos traballos... E os de 6º reciclaron as máns de Violencia para non esquecelo e escribiron unha mensaxe de ESPERANZA.
Hello children: “Christmas is here..." FANTASTIC! A semana foi moi intensa no cole. Fixemos moitas actividades relacionadas co Nadal... e ademais... celebramos o festival de Nadal na biblioteca do centro...WHOAA!!
O alumnado de 5º de Infantil participou con tres actuacións moi animadas. Cantaron e bailaron tres "Christmas carols" moi marchosos que aprenderon na clase de inglés coa "teacher". HOOREY!
A profe Rosana axudou ao seu alumnado a practicar "We wish you a Merry Christmas".
O profe Ramón tamén botou unha man nos ensaios, e os nenosda súa clase cantaron a famosa panxoliña "Jingle bells".
O grupo da profe Bea animou ao público grazas ao seu divertido baile coa canción "Rocking around the Christmas tree".
'Thank you very much' a todo o profesorado que axudou na preparación das panxoliñas!O certo e que o fixéchedes xenia! VERY GOOD!
De feito, ás nosas mascotasde "English" encantoulles o show."Cookie, the Cat"e "Lulu, the Kanguroo" deséxanvos unhas felices vacacións de Nadal: MERRY CHRISTMAS!
Ademais, "Denzel, the duck", "Patch, the dog", "Spot, the puppy" e "Monkey" tamén vos queren dicir algo: HAPPY NEW YEAR!!!
De seguro, Father Christmas vos agasallará con algún "present", xa que aprendíchedes moitas cousiñas na clase de "English" e vos portáchedes moi ben.HO, HO, HO!!!!
A Volta das vacacións, xa nos contaredes que había para vos 'under the tree'...
Agora que xa sabedes o que vos trouxo "Santa", teredes que agardar uns días para ver que surprises vos taren os "Three wise men".
Nada mais polo de agora. A gozar da compaña das nosas "families", ese é o mellor agasallo!... e xantar moito turrón, "of course"!
A semana pasada os alumnos de 4 anos fixeron unha saída ó Punto limpo do Concello no polígono do Milladoiro. Alí recibeunos Patricia, a encargada na área de medio ambiente do Concello e o encargado do Punto Limpo. Explicáronlles o que teñen que facer para levar obxectos e materiais alí e a importancia de coidar os nosos bosques e mares para non contaminalos. VER MÁIS PREMENDO AQUÍ.