O pasado 20 foi o Día dos dereitos dos Nenose para conmemoralo o Equipo de Convivencia do centro xunto co Equipo de Dinamización da Biblioteca prepararon unha serie de actividades e montaron un recanto no segundo andar polo que foron pasando os alumnos. Espuxéronse libros sobre o tema dos fondos da Biblioteca.
Con esta actividade, a exposición dos zapatos e os carteis sobre a violencia de xénero, máis a porta violeta de Rozalén que fixeron os de relixión, os alumnos do centro reflexionaron ao longo da semana sobre dereitos, violencia, igualdade e xustiza social.
Varios grupos de primaria, e os maiores de infantil, asistiron á proxección dunhas curtametraxes internacionais no festival internacional de cine infantil CINEMA CRIANZA. Este é o segundo festival que se celebra en Ames, para promover o gusto polo cine, a capacidade crítica e a alfabetización audivisual entre os rapaces. Despois, os maiores fixeron unha valoración das curtas vistas que podedes ler no PDF adxunto.
Resumo feito por Gabriela López:
O RETRATO DE ELIKA. Trataba sobre unha rapaza pequena que expoñía na súa clase o país da súa nai, Irán.
INSPIRACIÓN. Un neno que lle gustaba moito o parkourpero tiña unha dificultadeporque non tiña 4 dedos dunha man pero mostroulles as persoasque todo e posible se te o propoñes
A VOZ DE NARGES. Unha nena de Irán quería cantar na mesquita mais só podían os homes, a ela non lle importou e fixo o que pudo para parecerse a un neno e ao finalcantou.
O PRINCIPIÑO. Cando somos pequenos a os nenos solen regalarlles coches e as nenas bonecas, pero en Suecia mostráronos que no só as boneca son para nenas ou os coches para nenos
FHEDI. Adicir verdade esta foi a miña curtametraxe favorita , trata sobre un neno que na escola fanlle acoso escolar mais el non llo di a ninguén ,pasa o tempo e empezaron a sair os moratóns , golpes , material roto...... E el seguía sen dicir nada .
Neste ano dedicado a Don Antonio Fraguas Fraguas, non podíamos deixar de lado os xogos populares. O EDNL do centro organizou esta actividade de xogos populares. Están realizados en madeira por Cándido Mascato. "Os xogos Populares no Grove", que así é como se presentan, son unha colección que inclúe elementos de lanzamento, habilidade e taboleiro que garantizan a diversión e o entretemento e fomentan a cultura popular. Aprendimos a valorar outro tipo de xogos sinxelos que se saen dos comerciais.
Este ano a rapazada de Infantil, 1º e 2º celebrou o Halloween dun xeito moi...especial. Convirtíronse por uns días en 'Little wizards' (pequenos magos e magas).
Fixeron unhas fermosas ' Magic wands' (variñas máxicas) e ata estudaron 'magic spells' (feitizos máxicos) en Inglés! Fantastic!!!!
Practicaron moito...ao igual que Harry Potter na 'Howarts school' e polo visto, algúns familiares das crianzas quedaron 'frozen' (conxelados); ou con 'happy' ou 'sad' face (cara leda ou triste) Amazing!!!
Os de 4º fixeron este banco de palabras de Halloween.
Velaquí os dous 'magic spells' que máis éxito tiveron entre o alumnado...por se queredes practicalos e convertirvos tamén en 'wizards'!
Magic spell 1:
One, two, three Happy Halloween For you and me!
One, two, three Sad Halloween For you and me!
Magic spell 2:
Abracadabra,abracadu Red, pink, yellow and blue I touch my head I touch my nose One, two, three... Four, five, six... FREEZE!!!
* Para desconxelar á persoa, no canto de FREEZE, dicir GO!!!
Durante esta semana temos a exposición coas cabazas do Samaín organizada polo Equipo de Extraescolares e realizadas polos alumnos e alumnas coa axuda das familias. O Equipo da Biblioteca colaborou tamén na selección de libros relacionados coa temática do Samaín e Hallowen. As cabazas e os libros de medo están na entrada do edificio de infantil e no primeiro andar do de primaria.
Nos PDF adxuntos podedes ver con detalle os traballos realizados!
Moitas grazas pola vosa colaboración e polo derroche de imaxinación!
Paco Cerdeira é autor, compositor e músico. Durante anos estivo en Mamá Cabra e agora está en A Gramola Gominola.
Para os máis pequenos é PAKOLASe ten un libro-CD Editado por Galaxia na súa colección Sonárbore. “Pakolas” é un libro-disco que recolle 10 cancións para bailar e aprender onde canta e conta historias de animais: “Mero o Baldomero”, “Xabarín con bombín”, “O Furafollas” e o pato “Mc Pac” entre outros. Ademáis colaborou co colexio de logopedas de Galicia.
Na derradeira semana do curso estivo no cole cos pequenos de infantil que o pasaron xenial no seu concerto de rock´n´roll. Neste video tedes anacos da actuación... e Pakolas e o público totalmente entregados a pesar da calor que facía!
Os pequenos de 3 anos actuaron no escenario da Biblioteca do cole para os seus conpañeiros de infantil. Representaron o conto de Dona Carme e bailaron con acompañamento musical.