Blogues

Convocatoria de folga e establecemento de servizos mínimos para o día 12/12/2019

Diversas organizacións sindicais comunicaron a convocatoria de folga que afectará o persoal docente, e que se desenvolverá desde as 00.00 horas ás 24.00 horas do día 12 de decembro de 2019.

Ante esta convocatoria e en previsión de que o persoal deste centro poida acollerse ao seu dereito á folga, establécense uns servizos mínimos para garantir a atención, vixilancia e coidado do alumnado, xa que o centro permanecerá aberto no seu horario habitual.

Segundo o disposto na ORDE do 28 de novembro de 2019 pola que se ditan normas que determinan os servizos mínimos durante a folga no ámbito do ensino público convocada para o día 12 de decembro de 2019, terán a consideración de servizos mínimos para o persoal docente dependente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a dirección ou membro do equipo da dirección.

En virtude disto queda fixada co persoa responsable dos servizos mínimos a directora: Mª Isabel Abelleira Bardanca.

En Bertamiráns, 10 de decembro de 2019

PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO (PEC)

Proxecto Educativo (PE) é un instrumento para a xestión coherente co contexto escolar que enumera e define as notas de identidade do centro, formula os obxectivos que se pretenden e expresa a estrutura organizativa do centro.

Consideramos imprescindibles o contexto socioeconómico e cultural, as peculiaridades do alumnado así como as concepcións educativas que familias e profesorado mantemos para dotar ao Centro cun estilo propio, cos seus sinais de identidade, coa finalidade de garantir a coherencia na formación do noso alumnado.

Neste proxecto establecemos as intencións educativas para os alumnos de Educación Infantil e Primaria. Estas intencións iranse determinando e detallando ao longo do proceso educativo sendo conscientes de que o van condicionar por responder a propósitos e finalidades que a sociedade asigna á escola no ámbito máis xeral dos valores e das actitudes, co carácter pluralista da sociedade.

PLAN DE AUTOPROTECCIÓN ESCOLAR

É unha obriga  para todos os centros docentes non universitarios de dispoñer do seu propio Plan de Autoprotección. Preténdese, entre outras cousas, programar as pautas de actuación fronte a posibles emerxencias, determinar a organización de persoas que han de actuar en caso de emerxencia para que garantan rapidez e eficacia nas accións que se han de emprender, así como  ofrecer información a todos os usuarios das instalacións sobre como deben actuar ante unha emerxencia e organizar as relacións que sexan necesarias para a coordinación cos servizos externos.

PROXECTO DE XESTIÓN

Segundo o artigo 123 da LOE, os centros públicos deben expresar a ordenación e utilización dos seus recursos, tanto materiais coma humanos, a través da elaboración do seu proxecto de xestión, nos termos que regulen as administracións educativas. Estas poden delegar nos órganos de goberno dos centros públicos a adquisición de bens, contratación de obras, servizos e subministracións. Esta autonomía de xestión debe estar de acordo co Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

PLAN XERAL DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

O Plan Xeral de Atención á Diversidade (PXAD) é un documento institucional que desenvolve as medidas xerais de atención á diversidade contempladas no PE, concretando as actuacións dos distintos profesionais, os mecanismos de colaboración e coordinación internos, cos centros adscritos, coas familias do alumnado e cos servizos externos ao centro, así como as actuacións para a súa avaliación e seguimento.

O PXAD será o instrumento que guíe a planificación e concreción anual das medidas educativas de atención á diversidade en función das necesidades detectadas e dos recursos dispoñibles no marco da Programación Xeral Anual.

PROXECTO LINGÜÍSTICO DO CENTRO

A escola é un dos primeiros espazos onde o individuo se forma en todo tipo de aprendizaxes e materias entre as que cobran especial relevancia as linguas. Desde as etapas máis temperás o alumnado irá adquirindo unha maior competencia lingüística e mellorando as destezas comunicativas que lle serán fundamentais para o seu desenvolvemento integral, tanto dende o punto de vista académico como persoal. O sistema educativo deberá garantir, logo, o dominio das linguas oficiais de Galicia, galego e castelán, e favorecer o coñecemento de linguas estranxeiras, tan necesario na sociedade multicultural e globalizada en que vivimos.

Os centros escolares concretarán a súa planificación lingüística no PLC (Proxecto Lingüístico de Centro) axustándose ao descrito no Decreto 79/2010. Neste documento pedagóxico-administrativo especificaranse, entre outros datos, a distribución lingüística curricular, as medidas de apoio e reforzo para mellorar a competencia lingüística do alumnado e as actuacións encamiñadas a dinamizar o uso da lingua galega.

Tal e como se indica no artigo 14º, o PLC será redactado por unha comisión nomeada polo equipo directivo e constituída, como mínimo, polos/as xefes/as dos departamentos de linguas e mais o/a coordinador/a do EDLG (Equipo de Dinamización da Lingua Galega). No dito decreto establécese tamén que deberá remitirse á Inspección Educativa cada 4 anos e actualizarse anualmente nunha addenda que recolla os cambios producidos a respecto do curso anterior.

Podése consultar máis información no Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.

PROXECTO LECTOR DE CENTRO

O proxecto lector de centro é un documento deseñado para desenvolver a medio prazo no que, a partir da análise do contexto en materia de lectura, se articulan todas as intervencións que se van realizar no centro en relación coa lectura, a escritura e as habilidades informativas, coa participación do profesorado das distintas áreas, materias e niveis, incorporando a biblioteca escolar e as bibliotecas de aula como recursos fundamentais para a súa posta en marcha. 

PLAN DE FOMENTO E INTEGRACIÓN DAS TIC

Cada centro educativo deberá elaborar e incluír no proxecto  educativo de centro, un plan de introdución das tecnoloxías da información e  da comunicación que implique un cambio metodolóxico e unha adaptación á  realidade para o mellor aproveitamento das posibilidades que as TIC ofertan.  

A aplicación das TIC ao traballo da aula convértese nunha peza clave na educación e formación das novas xeracións. A súa importancia social e o lugar  preferente que ocupan xa na vida dos nenos e das nenas, fai que deban estar presentes nos centros educativos, de modo que aqueles adquiran os coñecementos e habilidades necesarias para abordar con garantía de éxito a súa  utilización nos contornos de aprendizaxe, familiares e de lecer.  

Trátase de que o alumnado, ao rematar a escolarización obrigatoria, acade unha competencia dixital. Esta competencia consiste en dispoñer de  habilidades para buscar, obter, procesar e comunicar información, para transformala en coñecemento. Incorpora diferentes habilidades, que van desde o acceso á información ata a súa transmisión en distintos soportes unha vez tratada, incluíndo a utilización das TIC como elemento esencial para informarse, aprender e comunicarse.

ACTUALIZACIÓN 2022/23

Neste curso desenvolverase o Plan Dixital de centro, baseado neste MARCO XERAL e impulsado polo Equipo TIC do centro.

O PLAN DIXITAL PODE CONSULTARSE AQUÍ

Distribuir contido