Blogues
Plan Dixital curso 2023_24
Enviado por Dirección do Centro o Ven, 20/10/2023 - 9:55amPlan de Biblioteca curso 2023/24
Enviado por Dirección do Centro o Mar, 17/10/2023 - 9:42amFOLLETO INFORMATIVO PARA AS FAMILIAS DE ALUMNADO DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL
Enviado por Dirección do Centro o Lun, 16/10/2023 - 4:16pmAxudas individualizadas para alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo para o curso 2023/24
Enviado por Dirección do Centro o Mar, 09/05/2023 - 10:17amAsociada a discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe, incluíndo ao alumnado con TDAH (Trastorno por déficit de atención por hiperactividade) o alumnado con TEA (Trastorno do espectro autista). Así como, axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.
>> Prazo de presentación de solicitudes: desde o día 8 de maio de 2023 ata o día 20 de setembro de 2023, ambos inclusive.
>> Acceso á solicitude: https://sede.educacion.gob.es/portada.html
AVISO IMPORTANTE: ALERTA METEOROLOXICA
Enviado por Dirección do Centro o Lun, 16/01/2023 - 5:18pmA Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por acumulacións de neve por riba dos 20 cm, que comezará o martes día 17.01.2023 ás 06.00 horas e prolongarase ata as primeiras horas do mércores 18.01.2023. Este adverso afectará á zonas da montaña de Lugo e Ourense.
O aviso será amarelo no mesmo período horario nas áreas: Interior de A Coruña, interior de Pontevedra, centro de Lugo, sur de Lugo, noroeste de Ourense, sur de Ourense e Valdeorras.
Adicionalmente se alerta dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por vento dende hoxe día 16.01.23 ata o medio día do mércores 17.01.2023 nas zonas da Mariña Lucense e noroeste de A Coruña.
Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:
1. A SUSPENSIÓN do transporte escolar DURANTE O MARTES 17 dos centros educativos situados nos concellos das zonas de predición das montañas de Lugo e Ourense, con seguimento das condicións climáticas nas zonas do interior da Coruña, interior de Pontevedra, centro de Lugo, sur de Lugo, noroeste de Ourense, sur de Ourense e Valdeorras.
O noso centro pertence á zona do interior da Coruña, polo estaremos en seguimento das condicións climáticas e avisaremos dos cambios coa maior celeridade posible.
2. SUSPENSION do transporte escolar EN HORARIO DE TARDE DO MARTES 17 dos centros educativos situados nos concellos das zonas de predición do interior da Coruña, interior de Pontevedra, centro de Lugo, sur de Lugo, noroeste de Ourense, sur de Ourense y Valdeorras.
3. A SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES NO EXTERIOR nos centros educativos situados nas zonas da Mariña Lucense e o noroeste de A Coruña ata as 12h do martes 17.
Moitas grazas pola súa colaboración e un saúdo.
Plan do departamento de orientación
Enviado por Dirección do Centro o Xov, 20/10/2022 - 9:51pmEQUIPO DIRECTIVO
Enviado por Dirección do Centro o Xov, 25/11/2021 - 10:21amDirectora: Dona Mª Isabel Abelleira Bardanca Telefono: 881866002
Xefatura de estudos: Dona Inmaculada Rodríguez Maceira. Teléfono: 881866006
Secretaría: Don Francisco López Cañás. Teléfono: 881866006
CIRCULAR INFORMATIVA: Consello Sectorial de Nenos e Nenas do Concello de Ames
Enviado por Dirección do Centro o Xov, 04/11/2021 - 11:02amEstimadas nais, pais, nenas e nenos
O Concello de Ames quere crear e poñer en funcionamento o Consello Sectorial de Nenos e Nenas do Concello de Ames; é un consello sectorial de características singulares dada a composición principal dos seus membros, polo que a falta dunha representación mediante entidades inscritas no rexistro municipal de asociacións procedese a unha representación directa dos nenos e nenas de 6 a 12 anos escolarizados no termino municipal de Ames.
A súa función primordial é incorporar as vivencias da poboación infantil e favorecer a intervención de nenos e nenas nos debates, propostas, suxestións, queixas respecto de calquera actuación municipal, así como ser informados e opinar sobre todas as actuacións doutras administracións públicas que actúen no municipio. Este Consello está inspirado na Convención dos Dereitos da Infancia que inclúe a participación infantil como modo de visibilización dos seus dereitos. É un órgano onde se lles dará voz para que poidan participar activamente da vida municipal e onde poder expoñer as súas necesidades, puntos de visa.
O regulamento do Consello de Nenos e Nenas será aprobado polo Pleno do Concello e nel concretarase a súa organización, composición e funcionamento.
A composición sería a seguinte:
-
Presidencia : Será exercida polo titular da Alcaldía do Concello de Ames ou concelleiro/a no que delegue.
-
Secretaría: Será exercida por persoal técnico da concellería competente en materia de infancia.
-
Vogais. Os vogais será os seguintes: Vogais de representación política: un representante de cada grupo municipal no pleno do Concello de Ames. Cada grupo designará titular e suplente.
-
Vogais de representación infantil: 9 representantes do alumnado de 6 a 12 anos dos centros escolares de Ames ca seguinte composición: 3 representantes de 1º a 3º de educación primaria e 6 de 4º a 6º de educación primaria. Cada representante terá o seu suplente.
A representación dos nenos e nenas nunca será inferior á representación política, incrementándose, cando fora preciso, no grupo de 4º a 6º de educación primaria. Os representantes dos nenos e nenas renovaranse ao longo do mes de outubro de cada curso escolar.
Solicitarase de UNICEF o nomeamento dunha persoa en calidade de asesor/a permanente deste órgano.
Poderán asistir ás sesións do Consello con voz pero non voto, aquelas persoas e/ou asociacións que sexan convidadas pola presidencia ou a requirimento do Consello.
Si estades interesadas/os en que a vosa filla ou fillo presente candidatura para formar parte deste Consello, por favor, entregade a folla de presentación de candidaturas á titora ou titor antes do 8 de novembro.
MODELO PRESENTACIÓN DE CANDIDATURA
A DIRECTORA
Plan ANPA ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
Enviado por Dirección do Centro o Mér, 20/10/2021 - 3:38pm- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 60
- 61
- 62
- 63
- 64
- 65
- 66
- 67
- 68
- seguinte ›
- última »