Saltar navegación.
Inicio

Blogues

Os de 2º lembraron a Xosé Neira Vilas con marcapáxinas

   Os alumnos e as alumnas das tres clases de 2º achegáronse á figura Neira Vilas, autor de "Memorias dun neno labrego" e fixeron uns marcapáxinas para homenaxear ao creador de Balbino. Puxéronos nas portas da súa clase e despois leváronos para casa.

Algúns dos traballos realizados:

A clase de 2º A con ManoliA clase de 2º B con Sandra A clase de 2º C con NataliaOs alumnos e alumnas de 2º A e B

Homenaxe dos alumnos e alumnas de 6º B a Xosé Neira Vilas

  Segundo escribín na entrada anterior, Xosé Neira Vilas estivo falando  cos rapaces de 6º B a mesma mañá do xoves. Por unha serie de coincidencias chamou por teléfono cando eles estaban a piques de ler un dos seus poemas e falou cos nenos a través da súa profe. Fíxolles prometer que sempre lerían poesía... Agora as rapazas e rapaces enviaronlle a Marina a súa homenaxe personal a este gran escritor e aquí vola poño tal e como eles a escribiron:

"HOMENAXE do alumnado de Sexto B a Xosé NEIRA VILAS

Ai, amor!


Que lonxe!  Que lonxe estás!

Canta terra entre nós dous.

Pero dende que te fuches.

Ai, amor!  Ai, amor!

(Xosé Neira Vilas)

     O grupo de alumnos e alumnas de 6º B do Ceip A Maía tivemos a sorte de poder lerlle o poema “Ai, amor!” a Xosé Neira Vilas; escoitarlle e recibir, da súa parte, agarimosas palabras, animándonos a seguir lendo poesía.
    Isto que contamos, tería pasado en centos de veces con nenos e nenas de toda Galicia. Pero, no noso caso, foi algo especial: ocorreu o xoves día 26 de Novembro pola mañá, e esa mesma noite, faleceu na súa casa.
Estas son as nosas palabras de homenaxe e recordo ao escritor. E queremos que vaian acompañadas dunha promesa: non esqueceremos ler poesía nin as súas obras en prosa!
Balbino e Ruliño están tristes. Botan de menos ao seu pai.
Os nenos queremos que Xosé volva ás nosas vidas. De calquera xeito, sempre estará no noso corazón.
As alumnas e os alumnos de 6º B."

Xosé Neira Vilas, un rapaz de aldea no Ceip A Maía

  Onte finou o escritor Xosé Neira Vilas autor de “Memorias  dun neno labrego”, o libro máis lido e traducido da literatura galega que comeza con estas palabras“Eu son Balbino. Un rapaz da aldea. Coma quen dis, un ninguén…”.

  Con motivo do 50 aniversario da publicación das memorias de Balbino, no ano 2011 o escritor visitou o noso Centro, conversou cos rapaces do 3º ciclo e adicoulles os seus libros. Nesta ligazón co blog da Biblioteca  podedes ver como transcurreu a visita e lembrar a Don Xosé.

O magosto

    O pasado martes 10 celebramos o magosto no Centro despois de pospoñelo por causa do tempo. Os maiores picaron as castañas que despois asou o conserxe no patio traseiro de primaria. Os máis pequenos asistiron algo impresionados e os máis veteranos comeron castañas, correron e bailaron coa música.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

   

         

Podedes ver máis imaxes nos blogues de infantil.

CLICAR AQUÍ   ENTRADA 1                            CLICAR AQUÍ    ENTRADA 2

Exposición de cabazas e composicións do Samaín

   O Equipo de Actividades complementarias  convocou a todos os membros da comunidade educativa para participar na EXPOSICIÓN DO SAMAÍN. Os pais, nais, alumnos e alumnas de infantil e de primaria participaron con cabazas do Samaín e productos de Outono e son unha mostra da creatividade de todos. Podedes ver os dous videos que teñen as fotos da exposición no apartado de Complementarias que está no bloque da dereita.

  Moitas grazas a todos por participar!

      A exposición na entrada do edificio de infantil:

A exposición no edificio de primaria, na Biblioteca e na entrada do Centro:

 

 

Exposición de cabazas e composicións do Samaín

     O Equipo de Actividades complementarias  convocou a todos os membros da comunidade educativa para participar na EXPOSICIÓN DO SAMAÍN. Os pais, nais, alumnos e alumnas de infantil e de primaria participaron con cabazas do Samaín e productos de Outono. Estos dous videos teñen as fotos da exposición e son unha mostra da creatividade de todos. Moitas grazas a todos por participar!

                                              Os videos con todos os traballos.

 

Día das Bibliotecas Escolares

 O sábado 24 de outubro conmemorouse o Día das Bibliotecas Escolares e desde o Equipo da  Biblioteca prepararon unha instalación á que lle chamaron "Mergúllate nos libros": un mar no que navegar cada día.  O venres 23 organizouse unha actividade na que algúns dos rapaces e rapazas maiores, que colaboran  durante os recreos, recibiron aos seus visitantes cunha sorpresa: Leodoro, a mascota da Biblioteca, e uns cuantos personaxes dos contos estaban esperando... Para ver como se desenvolveu a actividade entrade no blog da Biblioteca. Temos dúas entradas con videos da actividade e dos personaxes saídos dos libros.

Programación Xeral Anual

COMEDOR ESCOLAR

 

Conta cun regulamento de funcionamento aprobado polo Pleno do Concello de Ames. O servizo denomínase “Rede Municipal de Comedores Escolares”, que se define como un servizo público que pretende facilitar aos cidadáns de Ames a conciliación da vida laboral e familiar, no eido dun proxecto educativo no que alumnado poida aprender hábitos alimenticios sans e un correcto comportamento na mesa, así como as normas básicas de hixiene, respecto, tolerancia, convivencia e educación en igualdade.

Premendo aquí poden acceder ao regulamento deste servizo.

 

"CARTA DE NAVEGACIÓN" DO EQUIPO DIRECTIVO

Estimadas familias,

Cando miramos cara ao futuro, vemos numerosas incertezas sobre o que será o mundo do noso alumnado, pero se de algo estamos seguras é de que a sociedade humana deberá transformarse. Así, o mundo de mañá deberá ser fundamentalmente diferente do que coñecemos hoxe, debemos, por conseguinte, traballar para construír un futuro viable.

Nesta evolución cara aos cambios fundamentais dos nosos estilos de vida e os nosos comportamentos, a educación -no seu sentido máis amplo- xoga un papel preponderante. A educación é a forza do futuro, porque ela constitúe un dos instrumentos máis poderosos para realizar o cambio. Un dos desafíos máis difíciles será o de modificar o noso pensamento de maneira que enfronte a complexidade crecente, a rapidez dos cambios e o imprevisible que caracteriza o noso mundo. Debemos reconsiderar a organización do coñecemento. Para iso debemos derribar as barreiras tradicionais entre as disciplinas e concibir o xeito de volver unir o que ata agora estivo separado. Debemos reformular as nosas políticas e programas educativos. Ao realizar estas reformas é necesario manter a mirada fixa cara ao longo prazo, cara ao mundo das xeracións futuras fronte ás cales temos unha enorme responsabilidade.

O escenario do presente impón sobre os individuos e as colectividades unha necesaria reforma nas habilidades e capacidades, tanto para a elevación da súa competitividade, como para a sostenibilidade do seu enfoque ético, no longo prazo, na educación ao longo da vida.

Nós, desde a escola pública, temos que ofertar unha educación e formación de calidade acorde cós novos tempos; e propoñernos a meta de conquerir o éxito escolar de todas as nenas e nenos. Tratar de acadar para cada unha das alumnas e alumnos o máximo desenvolvemento das súas capacidades individuais e sociais, recibindo unha educación adaptada ás súas necesidades, e garantir unha efectiva igualdade de oportunidades -principio de equidade-, prestando os apoios necesarios e ter en conta todos os que tomamos parte no proceso educativo, que o éxito do alumnado non pode basearse só no esforzo persoal do mesmo, senón de toda a comunidade educativa, fomentando a colaboración familia-profesorado para construír un entorno de aprendizaxe rico e motivador e dirixir a educación a conquerir os coñecementos e competencias básicas que resultan necesarias para a sociedade actual, estimulando no alumnado o desexo de coñecer.

Queremos un centro onde a participación de todos os sectores da comunidade educativa -profesorado, alumnado, nais, pais ou titores, e personal non docente- así como as colaboracións puntuais con asociacións e entidades culturais da nosa contorna, estean presentes nos proxectos e programas didácticos que se realicen, participando activamente cos distintos estamentos e facendo unha comunidade educativa máis viva e dinámica, que favoreza unha mellora nas relacións personais, como punto de partida para desenvolver procesos de ensino-aprendizaxe de carácter significativo.

Queremos que a adquisición dos valores de solidariedade, compañeirismo, respecto ás diferenzas e xenerosidade cos máis débiles sexa unha pauta de conduta e identidade do centro e así favorecer a integración de todo o alumnado con independencia da súa orixe, sexo, raza e relixión, sendo un referente na  contorna na que estamos situados e un lugar de participación de todos aqueles que senten interese polo desenvolvemento da cultura no seu senso máis amplo.

Para todo isto a dirección, sen apartarse da legalidade vixente, tomará as decisións oportunas para xestionar dunha maneira imaxinativa e correcta os recursos cos que a Administración a dota para desenvolver actividades e programas concretos onde serán participantes todos os sectores que compoñen a Comunidade Educativa. Todo isto tennos que levar a conseguir un centro onde teñamos as condicións idóneas e adecuadas para que o alumnado poida desenvolver as súas capacidades naturais nas mellores condicións ao longo da súa etapa escolar.

Atentamente

O Equipo Directivo

 

 

 

 

 

Distribuir contido