Blogues
Pakolas, rock´n´roll na Maía
Enviado por A Maía o Xov, 05/07/2018 - 12:29am
Paco Cerdeira é autor, compositor e músico. Durante anos estivo en Mamá Cabra e agora está en A Gramola Gominola.
Para os máis pequenos é PAKOLAS e ten un libro-CD Editado por Galaxia na súa colección Sonárbore. “Pakolas” é un libro-disco que recolle 10 cancións para bailar e aprender onde canta e conta historias de animais: “Mero o Baldomero”, “Xabarín con bombín”, “O Furafollas” e o pato “Mc Pac” entre outros. Ademáis colaborou co colexio de logopedas de Galicia.
Na derradeira semana do curso estivo no cole cos pequenos de infantil que o pasaron xenial no seu concerto de rock´n´roll. Neste video tedes anacos da actuación... e Pakolas e o público totalmente entregados a pesar da calor que facía!
Visita de Patricia da Aula da Natureza de Ames
Enviado por A Maía o Ven, 29/06/2018 - 1:19am Dentro do traballo "Proxectando en verde" no que estivo implicado todo o alumnado do centro e cando xa estaban colocadas os carteis informativos cos códigos QR, recibimos a visita de Patricia da Aula da Natureza do Concello de Ames que nos explicou moitas das árbores e plantas que temos no colexio: usos medicinais e alimentarios, follas, cortezas... e tamén algunha historia da mitoloxía grega. E decir: o traballo de investigación dos nosos compañeiros...
Estas son imaxes dunha das visitas, neste caso para os nenos de 5 anos que traballaron e nvestigaron sobre o bambú, o carballo e os xirasois.
Actuacións de 3 anos: contos e cantos
Enviado por A Maía o Mér, 27/06/2018 - 6:34amOs pequenos de 3 anos actuaron no escenario da Biblioteca do cole para os seus conpañeiros de infantil. Representaron o conto de Dona Carme e bailaron con acompañamento musical.
Proxectando en verde nas artes: música e plástica
Enviado por A Maía o Lun, 25/06/2018 - 12:40amDurante este ano, tanto nas clases de música como de plástica, traballamos coa proposta de "Proxectando en verde" como fío condutor do curso.
Así, no 2º nivel coa cantiga "Buscando Papá Noel", fixemos un mural dun bosque de Nadal e cantamos coa música de Susa Herrera.
Fixemos carteis con slogans para salvar o planeta, un mural primaveral con árbores, plantas e animais de todo tipo.
Na clase de música aprendemos e cantamos a cantiga popular ”Tres hojitas madre” cunha sinxela coreografía.
No 3º nivel a partir da mesma cantiga fixemos debuxos, un libro para a biblioteca e cantámola así:
No 4º e 5º nivel traballamos a partir da cantiga “ Aparta loureiro verde”. E no 6º nivel aprendimos a tocala coa frauta doce.
LER PREMENDO AQUÍ O ARTIGO COMPLETO COS TRABALLOS DOS RAPACES.
Proxectando en verde nas artes: música e plástica
Enviado por A Maía o Lun, 25/06/2018 - 12:00am2º NIVEL
Neste nivel traballamos durante este curso, conxuntamente os titores e titoras de segundo curso e a mestra especialista en Educación musical a partir da canción “Buscando Papá Noel” de Susa Herrera.
Traballamos tanto nas clases de música como de plástica durante o mes de decembro e durante o desenvolvemento da Unidade Didáctica do Nadal.
Nesta ligazón, publicada recentemente, está reflectida a nosa experiencia:
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipamaia/?q=node/610
Coa chegada da primavera tratamos de seguir co fío condutor, que sería de novo un alegre e transformado bosque primaveral.
Retomamos para iso os slogans que traballaramos no Nadal, pero nesta ocasión propuxemos aos nenos/as de segundo, que en equipos e na clase de plástica, fixeran un cartel e que o decoraran.
Aproveitando a saída a Apípolis, os nenos e nenas fixeron debuxos de abellas e bolboretas para decorar o mural. Completamos o mural con flores e algúns paxariños. En equipos tamén tiveron que elaborar animais vertebrados. Para iso vimos distintas imaxes destes animais e observamos as súas características principais.
E así de bonito quedou o noso mural!
Na clase de música aprendemos e cantamos unha cantiga popular sobre as árbores: ”Tres hojitas madre” e tamén fixemos con ela, unha sinxela coreografía. Todos se animaron a participar, pois o fixemos a modo de xogo: cada un propoñía un paso ou movemento e todos o repetíamos, iso si, ao ritmo sempre da música. Finalmente, cada clase creou a súa propia coreografía que os nenos e nenas de segundo, non se cansaron de bailar e practicar.
3º NIVEL
Traballamos como no segundo nivel, a partir da canción “Tres hojitas madre”, conxuntamente titoras e a mestra de música.
Unha vez motivados xa foi moi fácil aprendela, pois a todos nos gustou moito e logo nas nas clases de plástica, os nenos e nenas debuxaron libremente a partir da cantiga aprendida. Con todos eses debuxos tamén fixemos un libro para a biblioteca.
4º e 5º NIVEL
Traballamos a partir da cantiga popular galega “ Aparta loureiro verde”. Vimos fragmentos de vídeos coa interpretación da canción por distintas formacións instrumentais. Comprobamos, entón que é unha canción moi coñecida e popular en Galicia.
Cantamos a canción seguindo a letra e acompañados pola frauta pola nosa mestra de música.
6º NIVEL
Traballamos tamén coa cantiga “Aparta loureiro verde” pero aprendendo a tocala e interpretala coa frauta doce.
Para empezar, na clase de música, propuxemos aos nosos alumnos/as que buscaran e seleccionaran na rede, cantigas populares galegas cuxo tema foran as árbores ou as prantas.
Logo fixemos unha posta en común sobre a información atopada.
Na plataforma de Edixgal e dentro da área de música, se lles proporcionaron aos nenos e nenas diversas ligazóns con recursos, para traballar a cantiga e aprender a tocala, xa de forma máis autónoma, pero guiados sempre, pola mestra de música.
Jorge interpretando coa armónica para 5º e 6º
Enviado por A Maía o Dom, 24/06/2018 - 9:41pmJorge, o profesor de música, interpretou para os rapaces de 5º e 6º varias cancións coa armónica. Entre elas esta peza da banda sonora composta en 1952 por Victor Joung para a película "O home tranquilo" de John Ford.
"Tres hojitas madre" polos alumnos de 3º
Enviado por A Maía o Dom, 24/06/2018 - 9:10pmCoordinados pola profe de música Mercedes, os alumnos de 3º debuxan e cantan un clásico do cancioneiro popular, "Tres hojitas madre".
Xogos de fin de curso
Enviado por A Maía o Dom, 24/06/2018 - 2:04amOs alumnos de 1º participando nos xogos de fin de curso organizados para todos os niveis polo Equipo de Extraescolares.
Os primeiros en Mazaricos!
Enviado por A Maía o Dom, 24/06/2018 - 1:15amOs alumnos de primeiro da Maía fixeron unha saída de fin de curso e visitaron Naturmaz, un centro de turismo activo en Mazaricos. Pasárono xenial en contacto coa Natureza. Viron animais, déronlles de comer, fixeron escalada, xogos de busqueda do tesouro...
Os monicreques de 4º
Enviado por A Maía o Sáb, 23/06/2018 - 2:25amOs alumnos e alumnas de 4º fixeron nas clases de plástica estos monicreques con planchas de espuma, roupa reciclada, pelotas, moi diversos accesorios, moito tempo, unha enorme cantidade de imaxinación e sobre todo moitísimo traballo!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- …
- seguinte ›
- última »