Saltar navegación.
Inicio

Blogues

Baile de Entroido. Sesión de Primaria

 Os rapaces, rapazas e profesorado de primaria (aquí están os de 5º e 6º) disfrutaron do seu baile de Entroido...

 

Baile de Entroido. Sesión de Infantil

   Os alumnos e alumnas de Infantil participando no baile de Entroido do colexio.


Un novo blog en 3º

Desde fai pouco máis dun mes contamos no Centro cun novo blog no que a profe Inma pon á vosa disposición as actividades, traballos dos seus alumnos e recursos da aula de . Esperamos que vos guste e vos sexa de utilidade. 

   A partir de agora podedes atopalo na sección "Enredados no Ceip A Maía" deste blog da Biblioteca. Premede na imaxe para entrar agora.
 
 
Nesta captura de imaxe, podedes ver unha mostra dos seus contidos...
 

Convocatoria de folga, paros e establecemento de servizos mínimos para o día 08/03/2019

Diversas organizacións sindicais comunicaron a convocatoria de folga xeral para o 8 de marzo de 2019 que afectará a todas as actividades e centros de traballo, e que se desenvolverá desde as 00.00 horas do 8 de marzo ata as 24.00 do mesmo día. Segundo as convocatorias dos distintos sindicatos haberá dúas modalidades de duración: de 24 horas do día 8 de marzo de 2019, ou por tramos de 2 horas.

Ante esta convocatoria e en previsión de que o persoal deste centro poida acollerse ao seu dereito á folga, establécense uns servizos mínimos para garantir a atención, vixilancia e coidado do alumnado, xa que o centro permanecerá aberto no seu horario habitual.

As persoas responsables dos servizos mínimos son:

  • O conserxe: Vicente Fernández Balebona
  • A coidadora: Mónica Reimúndez Rivas
  • A directora: Mª Isabel Abelleira Bardanca.

 

 

En Bertamiráns, 7 de marzo de 2019

 

 

A DIRECTORA

 Mª Isabel Abelleira Bardanca

Os poemas de Rosalía na Maía

 

ROSALÍA NO CEIP A MAÍA

   Este domingo 24, celebrarase un ano máis o Día de Rosalía. 

  Como ven sendo habitual, dende o centro sumámonos a esta celebración da "nosa" escritora,  unha das figuras principais do rexurdimento da literatura galega e unha das escritoras máis importantes da literatura españolaconmemorando o 182 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro con diversas iniciativas nas que compartimos coa comunidade a obra da autora.

  Así, ao longo destas semanas mediante os proxectos “Rosalía tamén vive aquí” e “Rosalía na terriña”, estivemos a colocar carteis e laxas de pizarra con distintos versos da poetisa, co obxectivo de deleitar a todos e todas as viandantes que se atopen con estes anaquiños de literatura.

 A través destas iniciativas de aprendizaxe - servizo, quixemos converter  Bertamiráns en vila poética. Para isto deixarán laxas con versos da obra rosaliana nunha das zonas verdes  de Bertamiráns, no parque do rego Ameneiral, coa finalidade de que os viandantes se atopen con elas e gocen dun pequeno petisco da obra desta autora.

 

  Ademais, realizamos  un vídeo no que se poderá ver todo o traballo que hai detrás destas accións poéticas e que se proxectará durante a Gala de Rosalía de Castro. O evento onde se presentará o video terá lugar na Casa da Cultura de Bertamiráns a partir das 18.00h e contará coa actuación de Rosa Cedrón.

  Tamén participamos na difusión das actuacións a través de Radio Ames, aquí vos deixamos parte da entrevista a dous alumnos de 6º de primaria, Lara e Carlos, falando de todo o que conleva esta celebración no centro. Parabéns aos dous!

  

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Os vindeiros luns 11 e 18 de marzo, entre as 16:30 e as 18:30, todas as nais, pais e familias que estedes interesados en matricular aos vosos fillos e fillas no noso centro para o vindeiro curso escolar, teredes a oportunidade de coñecer o centro.

 

Para unha optima organización, os que estedes interesados concertade a visita no teléfono 881 866 004 (preguntar por Ramón, coordinador de educación infantil).

 

O alumnado de 6º foi aoTeatro

O alumnado de 6º asisteu no Principal de Santiago á representación de VALENTINO RUFINI E ÂKIL PILLABÁN DE VIAXE  A MILÁN  (E  VAN  SEN  UN  CAN)   pola Compañía Talía Teatro coa dirección de Roberto Salgueiro. Despois fixeron estes debuxos e comentarios sobre a obra.

Máis información sobre a obra a compañia de Teatro Talía e as unidades didácticas, premendo AQUÍ.

Día internacional da muller e a nena na ciencia

  En conmemoración do DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA, que se celebrou o 11 de febreiro, unha nai que se adica profesionalmente á Ciencia na Universidade de Santiago, veu á escola para falarlles aos nenos e nenas de 6º de infantil de Ciencia, de científicas e de que as nenas poden ser o que queiran, xa que non hai profesións de homes ou mulleres.

   A intención desta charla foi darlle visibilidade á labor das científicas e fomentar esta vocación nas nenas.

"Velemos por que cada nena, en calqueira parte do mundo, teña a oportunidade de acadar os seus soños, medrar dacordo ao seu su potencial e contribuir a un futuro sostible para todos".

(Antonio Guterres, Secretario Xeral da ONU )

 

Saída Didáctica: "SOMOS IGUAIS, SOMOS DISTINTOS"

   En breve está prevista unha nova saída didáctica, esta vez cunha temática distinta, para que así os nosos alumnos e alumnas acudan ao logo da Educación Primaria, a distintos tipos de espectáculos, que resulten deste xeito máis motivadores e enriquecedores para a súa formación, non só artística, senón tamén como persoas.

   Nesta ligazón tedes a información sobre a saída:

https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/somos-iguais-somos-distintos

Distribuir contido