Skip to Content

Secretaría

CONVOCATORIA PARA AXUDA DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2016-2017

Dende o día 18 de maio, e ata o 23 de xuño, está aberto o prazo para participar no fondo solidario de libros de texto e para solicitar axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17.

Poden participar no fondo solidario os alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria.

Poden solicitar axudas para libros de texto os alumnos e alumnas de 1º e 2º de educación primaria.

Poden solicitar axuda para material escolar tódolos alumnos e alumnas de primaria que cumpran os requisitos expresados na convocatoria.

 

Nos arquivos adxuntos pódese atopar máis información, así coma o modelo de solicitude.

PUBLICACIÓN DAS LISTAS DEFINITIVAS DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO PARA O CURSO 2016-17

Nos arquivos adxuntos pódense consultar as listas definitivas de alumnado admitido e non admitido para o curso 2016-2017 no CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso.

Contra esta resolución, poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo de un mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

O alumnado admitido deberá formalizar a matrícula entre o 20 e o 30 de xuño.

 

 

INFORMACIÓN SOBRE A AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE 3º DE PRIMARIA

De acordo coa normativa vixente, neste mes de maio desenvolverase no centro a avaliación individualizada de terceiro de primaria.  Co obxecto de manter informada á comunidade educativa das finalidades e procedementos desta avaliación, publicamos un resume da Resolución da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na que se ditan instrucións para a mesma. 

Poden consultar este resume picando en "1 adxunto".

 

 

PUBLICACIÓN LISTAS PROVISIONAIS DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO PARA O CURSO 2016-2017

No arquivo adxunto pódense consultar as listas provisionais de alumnado admitido e non admitido para o curso 2016-2017 no CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso.

 Contra estas listas poderase presentar reclamación ante o Consello Escolar do Centro no prazo comprendido entre o 23 e 28 de abril de 2016

ABERTO O PRAZO PARA A ADMISIÓN DE ALUMNOS/AS

De acordo coa nova normativa, está aberto o proceso de admisión de novo alumnado para o curso 2016-17:

- O prazo para facer a reserva de praza no IES Otero Pedrayo (alumnado de 6º) foi do 1 ao 15 de febreiro.

- O prazo para solicitar admisión no CEIP Amadeo Rodríguez Barroso (para alumnado de nova incorporación ao centro) ou nun Instituto distinto do Otero Pedrayo (alumnado de 6º) será do 1 ao 20 de marzo.

O Calendario completo do procedemento de admisión é o seguinte:

 

 

PROCESO

DATAS

1. Reserva de praza no centro de adscrición

1-15 de febreiro

2. Data do sorteo público a efectos de desempa.

25 de febreiro.

3. Publicación de postos escolares vacantes.

28 de febreiro.

4. Presentación da solicitude de admisión.

1- 20 de marzo.

5. Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo.

* Se o consello escolar solicita documentación complementaria,

dará un prazo de 5 días para a súa presentación.

Do 23 de marzo

ao 5 de abril

6. Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos.

* Prazo para a presentación de reclamacións ante o consello escolar: 5 días.

24 de abril.

7. Publicación das listaxes definitivas de admitidos e non admitidos.

* Prazo de recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial: un mes.

12 de maio

8. Formalización da matrícula en educación infantil e primaria.

20 - 30 de xuño.

9. Formalización da matrícula en ESO e BAC.

Do 26 de xuño

ao 10 de xullo

Nos arquivos adxuntos poderase consultar máis información sobre o procedemento de admisión:

- Decreto que regula a admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos.

- Orde que regula a admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos (ORDE 12 de marzo de 2013)

- ORDE DO 25 de xaneiro de 2017 que modifica a ORDE de 12 de marzo de 2013

- Información para solicitudes de admisión no noso centro (resume da normativa con respecto a centros de infantil e primaria).

- Instancia para solicitar admisión nun novo centro. Anexo II. Para o alumnado que pretenda incorporarse ao noso centro e para o alumnado de sexto que queira solicitar praza nun instituto distinto do Otero Pedrayo.

- Postos escolares ofertados polo centro, tendo en conta as vacantes existentes a data de 28 de febreiro de 2017.

Distribuir contido


by Dr. Radut