Skip to Content

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR - PROCLAMACIÓN DE CANDIDATOS

A Xunta Electoral, en reunión celebrada o día 21 de novembro, e unha vez rematado o prazo de presentación de candidaturas, resolveu proclamar os seguintes CANDIDATOS para formar parte do Consello Escolar:

a) Sector pais e nais de alumnado:

- Eva Dominguez Diz

- Luis Alberto Rodríguez Ojea

- Edita Ucha Alvarez

- Cristina Vispo Seoane

 

b) Sector do profesorado:

- Mª Benita Alvarez Dominguez

- Yolanda Berjano Cid

- Luz María Doval Gestal

- María Esther Fernández Núñez

- Juan Antonio Saburido Enriquez

ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR

Neste curso celébranse eleccións para a renovación parcial do Consello Escolar do CEIP Amadeo Rodríguez Barroso. No sector de PAIS/NAIS  de alumnos/as, deberanse renovar 3 membros do consello escolar: a) dous que serán elexidos por tódolos pais e nais e b) o representate da ANPA, que será designado pola mesma. Poden ser candidatos tódolos pais e nais que o desexen e que presenten a súa candidatura na dirección do centro, dentro do prazo establecido.

 

 

 

Picando nos arquivos adxuntos pode consultar a información máis relevante do proceso electoral. 

Máis magosto

 

O MAGOSTO

O día 10 de novembro celebramos o magosto no noso centro.

Comimos castañas asadas e pan con chourizo, logo divertímonos cos xogos populares ( a rá, petanca, bolos, cordas, zancos, aros etc).

Pasámolo moi ben!!!!!!

Se queres ver as fotos preme neste enlace á nosa galería de imaxes.

 

 

SAMAÍN 2014

A FESTA DO SAMAÍN CHEGA Ó NOSO COLE.

AGRADECEMOS A COLABORACIÓN DOS PAIS E DAS NAIS DE NENOS DE EDUCACIÓN INFANTIL NESTA CONMEMORACIÓN

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 24 DE OUTUBRO

DURANTE ESTE MES, PARA CONMEMORAR O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, REALIZAMOS VARIADAS ACTIVIDADES DESDE INFANTIL ATA PRIMARIA.

SE QUERES SABER MÁIS PREME AQUÍ

Distribuir contido


by Dr. Radut