ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR
Neste curso celébranse eleccións para a renovación parcial do Consello Escolar do CEIP Amadeo Rodríguez Barroso. No sector de PAIS/NAIS de alumnos/as, deberanse renovar 3 membros do consello escolar: a) dous que serán elexidos por tódolos pais e nais e b) o representate da ANPA, que será designado pola mesma. Poden ser candidatos tódolos pais e nais que o desexen e que presenten a súa candidatura na dirección do centro, dentro do prazo establecido.
Picando nos arquivos adxuntos pode consultar a información máis relevante do proceso electoral.