O resultado das eleccións para a representación do sector de pais e nais do alumnado no Consello Escolar do centro, celebradas o 26 de novembro, foi o seguinte:
O 20 de novembro, o alumnado de segundo de educación primaria asistiu á proxección da película "O Pequeno Mago", dirixida por Roque Cameselle. A actividade tivo lugar no Auditorio de Ourense, dentro da celebración da 19ª edición do Festival Internacional de Cine de Ourense.
Durante a última semana de outubro celebramos no colexio "O Samaín", con exposicións de libros de medo, organizadas pola biblioteca, actividades específicas nas aulas e unha exposición de cabazas. Este ano, a exposición nutriuse de cabazas decoradas polo alumnado e as familias da etapa de educación infantil. Coma en anos anteriores, a calidade dos traballos expostos foi altísima. Noraboa a tódolos participantes.