Skip to Content

Novidades

LETRAS GALEGAS 2020

Boas familias! 

O domingo, 17 de maio de 2020, é o día das letras galegas, que este ano están dedicadas a Ricardo Carvalho Calero.

Déixovos no PDF unha recompilación de recursos para conmemorar este día.

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020!

XORNAL O PAPAGAIO

No colexio, os rapaces e as rapazas de 5º e 6º gozan do xornal O PAPAGAIO impreso, pero dadas as circunstancias nas que nos atopamos, temos acceso ao número de ABRIL, MAIO e XUÑO de forma dixital para que poidades gozar del onde vos atopedes.

PARA ACCEDER PREME NA IMAXE

   

ABRIL                               MAIO                              XUÑO

   

Tamén podedes ler outros números en formato dixital que teñen na súa web pinchando AQUÍ.

Agardo que vos gusten!

DÍA DO LIBRO, 23 de ABRIL de 2020

Hoxe, 23 de abril é o DÍA MUNDIAL DO LIBRO e para conmemoralo déixovos por aquí primeiramente un díptico feito pola Consellería de Educación, Universidade e formación Profesional para celebrar este día no 2020.

Coma outros anos, partindo das verbas dunha persoa referente da literatura galega actual, faise un cartaz. O autor ou autora crea un texto orixinal que cede para a súa difusión, este ano foi o escritor, xornalista e divulgador da cultura de Galicia, Manuel Gago. Ademais sinala: 

"Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín".

PINCHA NA IMAXE PARA IR AO DÍPTICO

Por outra parte, invítovos a facer como actividade dende a casa un marcapáxinas. Hai infinidade de posibilidades para facelos e moitos materiais diferentes (folio, cartón, madeira...) mesmo pódense facer en liña! Déixovos unhas ideas neste PDF, espero que vos gusten!

Se queredes podedes mandar a vosa creación ao correo victoriafernandezrodriguezz@gmail.com para subilos á web.

Pasade un bo día!

Distribuir contido


by Dr. Radut