Calendario Eleccións ao Consello Escolar
Segundo a RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos corresponde facer unha renovación parcial dos membros do Consello Escolar procede neste caso renovar dou representante do Claustro de mestres e mestras e dous representantes das familias.
Segundo o Artigo 2º da citada Resolución a elección dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no Consello Escolar e despois de reunirse a Xunta Electoral para tal efecto, preséntase á toda a Comunidade Educativa, o calendario de actuacións para tales efectos.
DATA/PRAZO |
XESTIÓN |
25-10-2022 |
Aviso ás familias para informar do comezo do proceso electoral do Consello Escolar |
28-11-2022 |
Sorteo público, promovido polo Director do centro, para a designación de representantes de familias, mestres e persoal non docente. Hora: 12:00 horas |
08-11-2022 |
Reunión constitutiva da Xunta Electoral: nomear Secretario, concretar calendario de eleccións e horario de votacións, aprobación de censos, solicitar representantes da ANPA, do Concello, publicar o procedemento de renovación do consello escolar… Hora: 17:30 horas |
10-11-2022 |
Publicación dos Censos Electorais. - Prazo para presentar enmendas do 10 ao 17 de novembro ata ás 14:00 h. |
Dende o 11 ao 18 de novembro |
Prazo de presentación das candidaturas. - Dende o día 9 ás 11:30 horas ata o día 17 ás 14:00 horas. |
15-11-2022 |
Reunión de Claustro Informativo - Normas de elección. - Fixar data claustro extraordinario eleccións sector profesorado. Hora: 18:00 horas |
21-11-2022 |
Reunión da Xunta Electoral para a admisión e proclamación das candidaturas e aprobación do modelo de papeletas electorais. Hora: 17:30 h |
23-11-2022 |
Publicación das Candidaturas Admitidas |
29-11-2022 |
Eleccións a representantes de Familias: Eleccións a representantes de Mestres: Quendas para exerzer o dereito ao voto: · de 09:00 a 10:00 · de 13:30 a 14:00 · 16:30 a 18:30 horas |
01-12-2022 |
Reunión da Xunta Electoral. Proclamación de Candidatos Electos. (pendente de confirmar hora) |
02-12-2022 |
Publicación dos resultados das votacións. |
13-12-2022 |
Reunión de constitución do novo Consello Escolar. Hora: 16:00 horas |
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Calendario Electoral.pdf | 166.66 KB |