Skip to Content

Blogues

RECORDATORIOS DE FINAIS DE CURSO

Aproveitando que é o final de curso, queremos deixarvos unhas liñas con certos recordatorios para as vindeiras datas.

 

AXUDAS LIBROS DE TEXTO:

  • publicación provisional de listados: 12 de xullo
  • reclamación aos listados: 15 e 16 de xullo
  • publicación dos listados definitivos: 17 de xullo

 

ENTREGA DE VALES:

  • 1º e 2º de primaria: 18 de xullo
  • 3º e 4º de primaria: 19 de xullo
  • 5º e 6º de primaria: 22 de xullo
  • Fóra desas datas: ata o 25 de xullo ou na primeira semana de setembro
  • Os libros entréganse ao comenzar o curso.

 

SOLICITUDE DE PRAZA NO COMEDOR:

  • Dende o 15 de xullo ata o 2 de setembro para inscribirse como usuarios habituais.
  • Fóra desas datas, para inscribirse como usuario esporádicos do mes de setembro.
  • A inscripción faise a través da App ColeChef
  • O alumnado con alerxias/intolerancias alimenticias, teñen que enviar o informe médico ao mail: info@arumeservicios.es
  • Para mais información, tendes unha carta como ficheiro adxunto desta publicación.

 

Horario de Atención ao Público

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO:

DE SETEMBRO A XUÑO:

  • De luns a venres de 09:00 a 14:00 horas
  • Martes: de 16:30 a 18:30

 

MES DE XULLO:

  • -De luns a venres de 10:00 a 13:00 horas

 

MES DE AGOSTO: PECHADO

CERTAME DE RELATO CURTO ORGANIZADO POLA FANPA 2024

Noraboa ao gañador do certame de relato curto, organizado pola FANPA, Federico Limeres Arias, como representante do CEIP Álvarez Limeses, na categoría de Persoas Adultas.

O relato titúlase

A HERDANZA

 

    Ao baixar do avión, sentiu o estupor incrédulo que producen as xeografías míticas. O esplendor solar da mañá parecía un saúdo de benvida. De camiño ao hotel, o autobús percorreu estradas, avenidas, rúas ateigadas de vellos Cadillacs, de Pontiacs maxestosos como carrozas; dende o seu asento, a multicolor corrente de carrocerías semellaba un banco de peixes tropicais. De certo, A Habana non era só un nome nos mapas.

    A carta chegara nun sobre cos bordes rebereteados en branco, azul e vermello. Cunha caligrafía esmerada, o seu remitente facíalle unha confidencia que parecía extraviada dunha telenovela. Quedábanlle meses de vida e tiñan que verse. Non o pensou dúas veces. Non tiña elección.

    Avisouno da súa chegada dende un café. A conversa foi fría e alienada, como se estivesen en universos paralelos. Quedaron en verse ao día seguinte. O home iría en coche; conducir era un dos últimos praceres que lle quedaban. Aparcaría diante do hotel. O desfase horario desbaratoulle a noite. Almorzaba cando o sobresaltou a notificación no móbil. Saíu á rúa expectante. O home estaba sentado no seu vello Chevrolet do d58, mirando á fronte. Tiña as mans apoiadas no volante, coma nun reclinatorio. A luz da Habana facía intolerable o cromado dos parachoques, pero o azul metálico do coche estaba cheo de mapas. Golpeou cos nocellos o cristal da ventá. O ocupante pareceu espertar dun soño e empezou a xirar a manivela con medias voltas sincopadas, coma se fose un temón. Miráronse. Agás pola queixada afundida de quen perdeu os dentes, viuse reflectido na súa faciana coma nun espello.

 

    Non mentía a única foto que del gardara a súa nai: o mozo que a deixara, había máis de medio século, e marchara para Cuba, e nunca volvera, deixáralle en herdanza o seu tabique nasal.

 

 

Impresos formalización de matrícula

Estimadas familias, 

Se os vosos fillos e fillas, fixeron a solicitude de praza no proceso de admisión e teñen asinada praza para o vindeiro curso, podedes facer a formalización da matrícula dende o 20 de xuño ata o día 28 de xuño..

O horario de secretaría é:

  • de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas

Para faciitar e axilizar o procedemento, deixamos na web os impresos para que os traiades xa cubertos.

No caso do alumnado que entra en 3 anos, nos vindeiros días colgaremos a data da reunión inicial.

Distribuir contido


by Dr. Radut