Skip to Content

DÍA DO LIBRO, 23 de ABRIL de 2020

Hoxe, 23 de abril é o DÍA MUNDIAL DO LIBRO e para conmemoralo déixovos por aquí primeiramente un díptico feito pola Consellería de Educación, Universidade e formación Profesional para celebrar este día no 2020.

Coma outros anos, partindo das verbas dunha persoa referente da literatura galega actual, faise un cartaz. O autor ou autora crea un texto orixinal que cede para a súa difusión, este ano foi o escritor, xornalista e divulgador da cultura de Galicia, Manuel Gago. Ademais sinala: 

"Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín".

PINCHA NA IMAXE PARA IR AO DÍPTICO

Por outra parte, invítovos a facer como actividade dende a casa un marcapáxinas. Hai infinidade de posibilidades para facelos e moitos materiais diferentes (folio, cartón, madeira...) mesmo pódense facer en liña! Déixovos unhas ideas neste PDF, espero que vos gusten!

Se queredes podedes mandar a vosa creación ao correo victoriafernandezrodriguezz@gmail.com para subilos á web.

Pasade un bo día!

AdxuntoTamaño
DÍA DO LIBRO.pdf340.44 KB


blog | by Dr. Radut