ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR
Segundo a Resolución do 19 de setembro de 2022 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, que establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares dos centros docentes sostidos con fondos públicos. Procederemos a iniciar a renovación do Consello Escolar.
O primeiro paso a seguir é a publicación da data e hora do sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral.
O vindeiro venres 29 de outubro celebrase na secretaría do centro o sorteo para a elección dos ditos membros. Deberán estar presentes no sorteo: Un representante do profesorado, un representante das familias, un representante do persoal non docente e o director:
Escolleranse:
-Entre o profesorado do centro: un titular e un suplente.
-Entre as familias: un titular e un suplente.
-Entre o persoal non docente: un titular e un suplente.