Deimámosvos aquí as datas das reunión xerais dos titores coas familias.
Martes 20 de setembro:
17:00 horas: reunión da clase de 5º de E. Infantil (4 anos)
18:00 horas: reunión da clase de 6º de E. Infantil (5 anos)
Martes 27 de setembro:
16:30 horas: reunión da clase de 1º de EP.
16:30 horas: reunión da clase de 2º de EP.
17:30 horas: reunión da clase de 3º de EP
Martes 4 de outubro:
16:30 horas: reunión da clase de 5º de EP
17:30 horas: reunión da clase de 6º de EP
Calqueira información sobre o lugar das mesmas ou modificacións das datas, será comunicado polos titores ou o Equipo Directivo a través da ABALAR, queda pendente a do alumnado de 4º de EP.
A tódalas familias que precisan autorizar para o primeiro día do curso, a recollida dos nenos por persoas que non sexan os proxenitores ou que no caso dos nenos de 4º, 5º e 6º que se lles autoriza a participar no programa "Camiños Escolares" podedes descargala na web e presentala impresa e firmada ao titor no primeiro día de clase.
Como xa saberedes, o vindeiro xoves día 8 de setembro, comezan as clases para todo o alumnado de Educación Infantil e Primaria.
Somos conscientes, de que este ano volvemos a normalidade e por se algún se despista, queremos lembrarvos que o horario do centro, para este curso é de 9:00 a 14:00 horas.